Terry Pratchett
Terry Pratchett, nado en Buckinghamshire o 28 de abril de 1948 e finado o 12 de marzo de 2015[1], foi un escritor inglés de orixe irlandesa[2] coñecido sobre todo pola súa saga sobre o Mundodisco (Discworld), novelas de peripecias surrealistas e cómicas que se desenvolven nun mundo onde existe a maxia.
Terry Pratchett | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Terence David John Pratchett |
Nacemento | 28 de abril de 1948 |
Lugar de nacemento | Beaconsfield |
Falecemento | 12 de marzo de 2015 |
Lugar de falecemento | Broad Chalke |
Causa | Atrofia cortical posterior e Alzhéimer |
Nacionalidade | Reino Unido |
Relixión | ateísmo |
Alma máter | John Hampden Grammar School |
Ocupación | escritor, novelista, xornalista, guionista, escritor de ciencia ficción, escritor de literatura infantil e autor |
Cónxuxe | Lyn Purves |
Fillos | Rhianna Pratchett |
Coñecido por | Bons Augúrios, Nation e Discworld |
Premios | oficial da Orde do Imperio Británico, Margaret Edwards Award, Bollinger Everyman Wodehouse Prize, Carnegie Medal, Locus Award for Best Fantasy Novel, Edward E. Smith Memorial Award, Knight Bachelor, Geffen Award, Ignotus Award for Best Foreign Novel, Eleanor Farjeon Award e Andre Norton Award |
Na rede | |
https://www.terrypratchettbooks.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Terry Pratchett publicou a súa primeira novela con 13 anos; porén, foi alternando durante boa parte da súa vida a súa faceta de escritor con outros traballos, como crítico editorial ou encargado de prensa para un grupo de centrais nucleares. A primeira novela de Pratchett, The Carpet People, publicouse en 1971. A primeira novela de Discworld, The Color of Magic (A cor da maxia), publicouse en 1983, na altura en que Pratchett escribía unha media de dous libros ao ano, e continuou escribindo máis entregas da saga do Mundodisco. A derradeira novela Discworld, The Shepherd's Crown, publicouse en agosto de 2015, cinco meses despois da súa morte.
Con máis de 85 millóns de libros vendidos en todo o mundo en 37 idiomas,[3][4] Pratchett foi o autor máis vendido do Reino Unido da década de 1990.[5][6] Foi nomeado Oficial of the Order of the British Empire (OBE) en 1998 e foi nomeado Knight Bachelor polos servizos á literatura nos 2009 New Year Honours.[7] En 2001 gañou a Medalla Carnegie por The Amazing Maurice and his Educated Rodents, o primeiro Discworld comercializado para nenos. Recibiu o World Fantasy Award for Life Achievement en 2010.[8]
En decembro de 2007, Pratchett anunciou que lle diagnosticaron enfermidade de Alzheimer de inicio precoz.[9] Máis tarde fixo unha importante doazón pública ao Alzheimer's Research Trust,[10] filmou un programa de televisión que narraba as súas experiencias coa enfermidade da BBC, e converteuse en mecenas de Alzheimer's Research UK.[11]
Terry Pratchett viviu nos seus últimos anos en Wiltshire (Inglaterra) coa súa muller Lyn e a súa filla Rhianna, onde adicaba boa parte do seu ocio ó cultivo de plantas carnívoras.[Cómpre referencia]
Escribiu novelas como The Good Omens en colaboración con Neil Gaiman. Segundo este, o derradeiro desexo de Pratchett foi que se adaptase a novela a serie de televisión.[12]
Notas editar
- ↑ BBC News, ed. (12 de marzo de 2015). "Sir Terry Pratchett, renowned fantasy author, dies aged 66" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2015.
- ↑ "'Only in Ireland would somebody make me a Professor.' - The Irish World". web.archive.org. 2019-12-30. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2019. Consultado o 2022-11-09.
- ↑ Amazon (ed.). "Sir Terry Pratchett". Consultado o 20 de maio de 2012.
- ↑ "Terry Pratchett (biografía)". Colinsmythe.co.uk. Consultado o 11 de agosto de 2010.
- ↑ "Life on planet Pratchett". Guardian Unlimited (Londres. Sally Weale). 8 de novembro de 2002. Consultado o 6 de xuño de 2007.
- ↑ "Terry Pratchett na conversa". BBC Wiltshire. n.d. Consultado o 6 de xuño de 2007.
- ↑ "No. 58929". The London Gazette (Supplement): 1. 31 de decembro de 2008.
- ↑ Locus Science Fiction Foundation (ed.). "World Fantasy Awards 2010". Sfadb.com; World_Fantasy_Awards_2010. Archived from the original on 26 de xuño de 2015. Consultado o 8 de agosto de 2016.
- ↑ "Entrevista. Terry Pratchett: Vivir con Alzheimer". BBC. 4 de febreiro de 2009. Consultado o 27 de outubro de 2009.
- ↑ "Pratchett financia o estudo do Alzheimer". BBC News. 13 de marzo de 2008. Consultado o 13 de marzo de 2008.
- ↑ Alzheimer's Research UK (ed.). "Terry Pratchett: 'Son a única persoa que padece atrofia cortical posterior de Pratchett'". Alzheimer's Research UK. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2015. Consultado o 1 de xuño de 2015.
- ↑ Mullor, Por Mireia (2019-06-05). "Neil Gaiman: "Adaptar 'Good Omens' fue el último deseo de Terry Pratchett"". Fotogramas (en castelán). Consultado o 2022-11-10.
Véxase tamén editar
A Galipedia ten un portal sobre: Reino Unido |
A Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |