Mort é a cuarta novela do universo Discworld creado por Terry Pratchett, publicada en 1987. Nela, a Morte, presente en todas as novelas da saga, desempeña por primeira vez un papel protagonista. Foi adaptada como obra de teatro, con certo éxito, e incluso falouse en diversas ocasións dunha adaptación á gran pantalla.

Mort
Título orixinalMort
Autor/aTerry Pratchett
CubertaJosh Kirby
OrixeInglaterra
LinguaInglés
ColecciónDiscworld
Tema(s)A morte
Xénero(s)Fantasía
Data de pub.1987
ISBNISBN
Precedido porEqual Rites
Seguido porSourcery
editar datos en Wikidata ]

Sinopse editar

A acción arranca cando a Morte contrata a Mort, un rapaz escuálido e prosmeiro, como aprendiz. Tras un curto período de aprendizaxe, Mort fica ao cargo do traballo da Morte, e esta tómase un pequeno descanso. Pero, mentres a Morte se dedica a visitar os bares do Discworld e se enfrasca en estraños dilemas filosóficos, o seu aprendiz ocasiona un paradoxo temporal ao perdoarlle a vida á princesa Keli, sen se dar conta ademais de que quen fai o traballo da Morte, pouco a pouco, vólvese mesmamente a Morte. A princesa é ignorada por todos os que a rodean e polo propio universo, para o que xa está morta. O tempo esgótase, e Mort, cada vez máis inhumano e máis semellante á Morte, debe buscar xunto á filla adoptiva desta, Ysabell, e o seu servente, Albert, unha solución que evite o inminente colapso de todo o Discworld.