Equal Rites é a terceira novela da saga Discworld de Terry Pratchett.

Equal Rites
Autor/aTerry Pratchett
CubertaJosh Kirby
OrixeInglaterra
Linguainglesa
ColecciónDiscworld
Tema(s)feminismo, física cuántica
Xénero(s)fantasía
Data de pub.1987
ISBNISBN
Precedido porThe Light Fantastic
Seguido porMort
editar datos en Wikidata ]

Sinopse editar

Todo comeza cando o mago Drum Billet chega a un pobo perdido para designar ó seu sucesor. O escollido é un meniño acabado de nacer que, como mandan os canóns do Discworld, é o oitavo fillo dun oitavo fillo. O mago debe entregarlle o seu caxato ó neno, xa que a súa hora se aproxima. Poida que por el non repare en que o bebé escollido é en realidade unha nena ata que é demasiado tarde. A nena, chamada Eskarina, é ensinada pola bruxa local Granny Weatherwax que cre firmemente que a maxia dos magos e a maxia das bruxas é completamente diferente. Cando o poder oculto en Esk comeza a manifestarse non ten máis remedio que buscar a Unseen University, a principal escola de magos do Discworld. Nunca antes existira unha muller mago, pero Esk deberá selo aínda que para selo deba superar a oposición dos magos, porque só deste xeito poderá manexar un poder tan inmenso que ameaza a supervivencia do propio Discworld.

Notas editar

Por razóns non explicadas, Esk non apareceu en ningunha outra novela de Discworld, pero Terry dixo que posiblemente apareza na seguinte novela de Tiffany Aching, I Shall Wear Midnight.