Illa Terre-de-Haut (oficialmente en francés: Terre-de-Haut des Saintes (literalmente: Terras altas de Les Saintes)) é unha illa no arquipélago de Les Saintes, nas Antillas Menores. Pertence á comuna (municipio) de Terre-de-Haut no departamento francés de Guadalupe.

Terre-de-Haut
Terre-de-Haut des Saintes
Terre-de-Haut vista desde o monte Chameau.
Localización da illa
Situación
País Francia
Departamento de ultramarGuadalupe
ProvinciaLes Saintes
ArquipélagoAntillas Menores
MarMar Caribe
Coordenadas15°51′45″N 61°35′00″O / 15.86250, -61.58333Coordenadas: 15°51′45″N 61°35′00″O / 15.86250, -61.58333
Xeografía
XeoloxíaIlla volcánica
Superficie6 km²
Punto máis alto306 m. Monte Chameau
Demografía
CapitalFond-du-Curé
Poboación1 566 hab. (2016)
Densidade261 hab./km²
XentilicioSaintois
Lingua propiaFrancés, Crioulo antillano

Xeografía editar

Descrición editar

Terre-de-Haut é a illa máis oriental do arquipélago de Les Saintes. Do mesmo xeito que a súa veciña Terre-de-Bas, o seu nome ven do vocabulario marítimo, que chamou as illas expostas ao vento terras altas e as protexidas do vento, terras baixas. É unha illa de 5´2 km² dominada no norte polo outeiro Morne Mire (107 m. e o outeiro Morel (136 m.) e no sur polo outeiro Chameau 306 m., o monte máis alto da illa e de todo o arquipélago. Terre-de-Haut está separada de Terre-de-Bas por unha estreita canle de 890 m.. Ademais de Terre-de-Bas, varias pequenas illas rodean Terre-de-Haut:

A península de Pain de Sucre, cunha altura de (53 m.), está unida a Terre-de-Haut por un istmo.[1]

Zonas poboadas editar

Pequenos vilas distribuense nos outeiros no interior. Fond-du-Curé atópase nun porto natural. Iates e barcos de cruceiro son comúns no porto. Os asentamentos máis antigos que aínda permanecen son as localidades de Mouillage e Fond-du Curé.[2] A poboación repártese entre 20 quartiers (barrios), máis ou menos ben delimitados. Agrúpanse en dúas metades:[3]

Au vent
(Barlovento)
Sous le Vent
(Sotavento)
Barrio Barrio
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
Pompierre
Marigot
Vieille-Anse
Fort Napoléon
Maison blanche
la Coulée
Coquelet
Anse-Mire
Mouillage
Grande-Anse
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
Fond-du-Curé
la Savane
Anse Rodrigue
Anse Galet
Prés Cassin
la Convalescence
Anse Figuier
Pain de sucre
Anse à Cointe
Anse Crawen
 
Marigot (Terre-de-Haut)

Demografía editar

O relevo inhóspito e as baixas precipitacións non permiten o establecemento da agricultura. Poucos escravos foron traídos a estas illas. A poboación está constituída historicamente por bretóns, normandos e polos habitantes de Poitou que se estableceron para pescar. Isto explica o tipo europeo dos habitantes de Les Saintes (Saintois) (xentilicio francés dos habitantes de Les Saintes).

Notas editar

  1. "Monographie sur les Saintes (dépendance de la Guadeloupe)". gallica.bnf.fr. Consultado o 2014-10-10. 
  2. Bonniol, J.L. (1980). Terre-de-Haut des Saintes: contraintes insulaires et particularisme ethnique dans la Caraïbe. L HARMATTAN. p. 299. ISBN 9782903033132. Consultado o 2014-10-10. 
  3. "Au bourg débute la visite de Terre de Haut". escale-creole.wifeo.com. Consultado o 2014-10-10. 

Ligazóns externas editar