María Teresa Alvajar
María Teresa Alvajar López, nada na Coruña en 1922 e finada en Madrid o 9 de xaneiro de 2016[1], foi unha política e escritora galega.
María Teresa Alvajar | |
---|---|
Nacemento | 1922 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Falecemento | 9 de xaneiro de 2016 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | política e escritora |
Pai | César Alvajar |
Nai | Amparo López Jean |
Irmáns | Amparo Alvajar, Ana María Alvajar L. Jean e Javier Alvajar López |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Filla do político republicano César Alvajar e de Amparo López Jean, era irmá de Ana María Alvajar L. Jean, Amparo Alvajar e Javier Alvajar López. Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936 foi encarcerada con 17 anos na prisión da Coruña acusada de dirixir checas e o Servizo de Investigación Militar republicano. No cárcere coincidiu con Esther Casares, filla de Casares Quiroga. Exiliouse en Francia cos seus pais. Deixou testemuño da súa traxedia persoal e familiar no libro Memorias dunha republicana (Laiovento) editado por Aurora Marco.
HomenaxesEditar
En 2008 recibiu o Premio Galiza Mártir e en 2009 foi nomeada Republicana do ano pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.
NotasEditar
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. p. 354. ISBN 978-84-8341-146-9.