Lei fonética

(Redirección desde «Tendencia fonética»)

En fonética histórica, unha lei fonética designa o principio de regularidade dunha mudanza fonética dada.

O concepto apareceu na segunda metade do século XIX nun contexto cientifista e positivismo no que se pretendía formular leis na lingüística semellantes ás que rexían o mundo das ciencias experimentais. Introducírono os foneticistas neogramáticos como W. Scherer e Hermann Paul, para quen as leis fonéticas son inmutábeis: un mesmo fonema, nun contexto fonético dado, sofre na mesma lingua e durante un período determinado, a mesma mudanza en todas as palabras desa lingua. As únicas excepcións admitidas eran aqueles casos nos que unha lei se enfrontaba a outra e as debidas á operación de analoxía.

Unha "lei" coñecida é a perda do -n- intervocálico en galego durante certo período da Idade Media. A máis famosa é a lei de Grimm sobre a mutación consonántica no xermánico.

Hoxe en día prefírese a denominación tendencia fonética. Algunhas das máis importantes son:

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar