Mary Temple Grandin, nada en Boston o 29 de agosto de 1947, é unha muller con autismo de alto funcionamento estadounidense, que revolucionou as prácticas para o tratamento racional de animais vivos en facendas e matadoiros.

Temple Grandin
Nome completoMary Temple Grandin
Nacemento29 de agosto de 1947
Lugar de nacementoBoston
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Alma máterFranklin Pierce University, Universidade do Estado do Arizona, Universidade de Illinois en Urbana-Champaign, Hampshire Country School, Universidade do Arizona e Beaver Country Day School
Ocupaciónzoóloga, académica, escritora, activista, escritora de non ficción, profesora universitaria, guionista e bióloga
PaiRichard McCurdy Grandin
NaiAnna Eustacia Cutler
PremiosColorado Women's Hall of Fame, Medalha Dupla Hélice, National Cowgirl Museum and Hall of Fame, doutor honoris causa na Universidade de Laval e Fellow of the AAAS
Na rede
https://www.grandin.com e http://www.templegrandin.com
IMDB: nm0334880 Facebook: drtemplegrandin Twitter: DrTempleGrandin TED: temple_grandin Musicbrainz: 5b360225-e61a-42c6-921c-fd2a10eaedb8 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Graduada en Psicoloxía polo Franklin Pierce College e con mestrado en Zootecnia na Universidade Estatal de Arizona, é doutorada en Zootecnia, desde 1989, pola Universidade de Illinois. Hoxe imparte cursos na Universidade Estatal de Colorado respecto ao comportamento de rabaños e proxectos de instalación, alén de prestar consultoría para a industria pecuaria en manexo, instalacións e coidado dos animais. Á data de outubro de 2016 é a profesional estadounidense con autismo de máis éxito e máis célebre, altamente respectada no segmento de manexo pecuario.

Na súa xuventude creou a "máquina do abrazo", un aparello para aloumiñala como se estivese sendo apertada e que a calmaba, así como a outras persoas con autismo. A súa vida foi tema do filme Temple Grandin, en 2010, cando foi mencionada pola revista Time na lista das 100 persoas máis influentes do mundo, na categoría dos "Heroes".

Temple volveuse unha profesional extremadamente exitosa. Proxecta equipamentos e instalacións para a pecuaria. Todos os corredores e currais que deseña son redondos, pois o gado ten máis facilidade en seguir un camiño curvo - primeiro porque, non vendo o que hai no fin do camiño, fica menos asustado; segundo porque o deseño curvo aproveita o comportamento natural do animal, que é describir círculos. Temple fai unha analoxía: cos nenos autistas é preciso actuar do mesmo modo, isto é, traballando a favor delas, axudándoas a descubrir e desenvolver os seus talentos ocultos. Temple xa escribiu máis de 400 artigos publicados en revistas científicas e periódicos especializados, tratando do manexo de rabaño, instalacións e coidados dos animais.

Historia editar

Visitando a facenda da súa tía Ann en Arizona en 1966, Temple inicia o seu primeiro contacto con animais, que influenciarían a súa vida e carreira. O brete de contención de bovinos inspirouna na construción dun aparello para si mesma para se refuxiar dos seus frecuentes ataques de pánico.

A súa nai Eustacia, mesmo coa recomendación médica de internala nunha institución psiquiátrica, insiste en proporcionarlle educación formal. Nunha escola para nenos superdotados, é encoraxada polo seu profesor de Ciencias, o Dr. Carlock. Este entende o seu talento en "pensar imaxes e conéctalas", e a incentiva a proseguir a súa educación nunha universidade.

Premios editar

  • 2011 Medalla Dobre Hélice

Principais publicacións editar

  • Emergence: Labeled Autistic (con Margaret Scariano, 1986, actualizado en 1991), ISBN 0-446-67182-7
  • The Learning Style of People with Autism: An Autobiography (1995). In Teaching Children with Autism : Strategies to Enhance Communication and Socializaion, Kathleen Ann Quill, ISBN 0-8273-6269-2
  • Thinking in Pictures: Other Reports from My Life with Autism (1996) ISBN 0-679-77289-8
  • Developing Talents: Careers for Individuals with Asperger Syndrome and High-Functioning Autism (2004). ISBN 1-931282-56-0
  • Animals in Translation|Animals in Translation : Using the Mysteries of Autism to Decode Animal Behavior (con Catherine Johnson, 2005), ISBN 0-7432-4769-8
  • The Unwritten Rules of Social Relationships: Decoding Social Mysteries Through the Unique Perspectives of Autism (con Sean Barron, 2005), ISBN 1-932565-06-X
  • The Way I See It: A Personal Look At Autism And Aspergers (2009)
  • Animals Make Us Human: Creating the Best life for Animals (con Catherine Johnson, 2009) ISBN 978-0-15-101489-7

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar