Clasificación dos dinosauros

(Redirección desde «Taxonomía dos dinosauros»)

A clasificación dos dinosauros empezou en 1842 cando Sir Richard Owen situou Iguanodon, Megalosaurus e Hylaeosaurus nunha "tribo distinta ou suborde dos Réptiles Saurios, para a cal propoño o nome de Dinosauria."[1] En 1887 e 1888 Harry Seeley dividiu os dinosauros en dúas ordes Saurischia e Ornithischia, baseándose na súa estrutura pélvica.[2] Estas divisións demostraron ser moi perdurables, a pesar dos varios cambios de grande importancia que se teñen producido na taxonomía dos dinosauros.

Clasificación dos dinosauros

O cambio máis grande foi proposto nas obras do entomólogo Willi Hennig da década de 1950, que evolucionaron orixinando a moderna cladística. Para espécimes coñecidos só por fósiles, a análise rigorosa de caracteres para determinar as relacións evolutivas entre diferentes grupos de animais (clados) demostrou ser tremendamente útil. Cando apareceron as análises baseadas na computación feitas usando a cladística na década de 1990, os paleontólogos convertéronse nos primeiros zoólogos en adoptar estre sistema case incondicionalmente.[3] O escrutinio progresivo e o traballo sobre as interelacións entre os dinosauros, coa axuda de novos descubrimentos que botaron nova luz sobre as previamente incertas relacións entre taxons, empezaron a producir unha clasificación estable desde a metade da década de 2000. Aínda que a cladística é o sistema de clasificación predominante entre os profesionais da paleontoloxía, o sistema linneano está aínda en uso, especialmente en traballos pensados para a súa distribución popular.

Clasificación de Benton editar

Como a maioría dos paleontólogos de dinasauros son partidarios dun cambio desde as clasificacións tradicionais, que eran clasificacións por categorías da taxonomía linneana, a outros sistemas filoxenéticos sen categorías,[3] publicáronse poucas taxonomías de dinosauros con categorías desde a década de 1980. O seguinte esquema é un dos máis recentes, e procede da terceira edición da obra Vertebrate Palaeontology de Benton,[4] un respectado libro de texto universitario. Aínda que está estruturado para reflectir as relacións evolutivas (similares a cladogramas), tamén conserva a división en categorías tradicional usada na taxonomía linneana. A clasificación foi posta ao día na segunda edición de 2000 para reflectir os novos descubrimentos, pero é fundamentalmente conservadora.

Michael Benton clasifica todos os dinosauros dentro da Serie Amniota, Clase Sauropsida, Subclase Diapsida, Infraclase Archosauromorpha, División Archosauria, Subdivisión Avemetatarsalia, Infradivisión Ornithodira e Superorde Dinosauria. Dinosauria é dividido despois nas dúas ordes tradicionais: Saurischia e Ornithischia. O símbolo "†" utilízase par indicar os taxons que están extinguidos.

Orde Saurischia editar

†Orde Ornithischia   editar

Clasificación de Weishampel/Dodson/Osmólska editar

A seguinte clasificación está baseada na segunda edición de The Dinosauria,[5] unha compilación de artigos de expertos neste campo que proporcionaba o tratamento máis completo dos Dinosauria dispoñible cando foi publicado primeiramente en 1990. A segunda edición actualiza e revisa ese traballo.

O cladograma e as definicións filoxenéticas de máis abaixo reflicten os coñecementos actuais das súas relacións evolutivas. Os taxons e símbolos entre parénteses despois dun determinado taxon definen estas relacións. O símbolo "+" entre taxóns indica que dito taxon é un clado baseado nun nodo (ver cladística), definido como clado que comprende todos os descendentes do último antepasado común dos taxons "engadidos". O símbolo ">" indica que o taxon é un taxon baseado nun tronco, que comprende todos os organismos que comparten un antepasado común que non é tamén un antepasado do taxon "menor".

Saurischia   editar

(Tyrannosaurus/Allosaurus > Triceratops/Stegosaurus)

Ornithischia   editar

(Iguanodon/Triceratops > Cetiosaurus/Tyrannosaurus)

Clasificación de Baron/Norman/Barrett editar

En 2017 Matthew G. Baron e os seus colegas publicaron unha nova análise na que propoñen colocar Theropoda (excepto Herrerasauridae) e Ornithischia dentro dun grupo chamado Ornithoscelida (un nome acuñado orixinalmente por Thomas Henry Huxley en 1870), redefinindo Saurischia para comprender Sauropodomorpha e Herrerasauridae. Entre outras cousas isto requiriría que o hipercarnivorismo evolucionou independentemente en Theropoda e Herrerasauridae.[6][7] Este esquema é actualmente debatido entre os paleontólogos, e estudos recentes atoparon poucas diferenzas entre a tradicional e novos modelos propostos.[8][9]

Cau 2018 editar

Cau (2018), no seu artigo sobre a evolución paso a paso do plan corporal aviario, atopou na análise de parsimonia politomía entre os taxons de grao herrerasauro, Sauropodomorpha e os controvertidos Ornithoscelida. Porén, a análise bayesiana atopou un feble apoio a facer un agrupamento irmán dun Dinosauria e Herrerasauria, pero mostraba un forte apoio á dicotomía entre Sauropodomorpha e Ornithoscelida como se mostra abaixo:[10]

Dracohors

Silesauridae (incluíndo Pisanosaurus[11][10]) 

Dinosauria
Herrerasauria

Herrerasauridae  

Tawa 

Daemonosaurus 

Sauropodomorpha 

Eodromaeus 

Ornithoscelida

Ornithischia 

Theropoda 

Notas editar

  1. Owens, 1842.
  2. Seeley, 1888. Aínda que o artigo foi publicado en 1888, foi entregado en 1887.
  3. 3,0 3,1 Brochu, C.A.; Sumrall, C.D. (2001). "Phylogenetic nomenclature and paleontology". Journal of Paleontology 75 (4): 754–757. doi:10.1666/0022-3360(2001)075<0754:PNAP>2.0.CO;2. 
  4. Benton, Michael 2004. O esquema da clasificación está dispoñible en liña Arquivado 19 de outubro de 2008 en Wayback Machine.
  5. Weishampel, 2004
  6. Baron MG; Norman DB; Barrett PM (2017). "A new hypothesis of dinosaur relationships and early dinosaur evolution" (PDF). Nature 543 (7646): 501–506. Bibcode:2017Natur.543..501B. PMID 28332513. doi:10.1038/nature21700. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de abril de 2021. Consultado o 09 de marzo de 2020. 
  7. Naish, Darren (2017). "Ornithoscelida Rises: A New Family Tree for Dinosaurs". Scientific American Tetrapod Zoology blog. Consultado o 24 de marzo de 2017. 
  8. Max C. Langer; Martín D. Ezcurra; Oliver W. M. Rauhut; Michael J. Benton; Fabien Knoll; Blair W. McPhee; Fernando E. Novas; Diego Pol; Stephen L. Brusatte (2017). "Untangling the dinosaur family tree" (PDF). Nature 551 (7678): E1–E3. Bibcode:2017Natur.551E...1L. PMID 29094688. doi:10.1038/nature24011. hdl:1983/d088dae2-c7fa-4d41-9fa2-aeebbfcd2fa3. 
  9. Matthew G. Baron; David B. Norman; Paul M. Barrett (2017). "Baron et al. reply". Nature 551 (7678): E4–E5. Bibcode:2017Natur.551E...4B. PMID 29094705. doi:10.1038/nature24012. 
  10. 10,0 10,1 Andrea Cau (2018). "The assembly of the avian body plan: a 160-million-year long process". Bollettino della Società Paleontologica Italiana 57 (1): 1–25. doi:10.4435/BSPI.2018.01. 
  11. Agnolín, Federico L.; Rozadilla, Sebastián (2017). "Phylogenetic reassessment of Pisanosaurus mertii Casamiquela, 1967, a basal dinosauriform from the Late Triassic of Argentina". Journal of Systematic Palaeontology 16 (10): 853–879. doi:10.1080/14772019.2017.1352623. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Owen, Richard (1842). "Report on British Fossil Reptiles: Part II". Report of the British Association for the Advancement of Science 11: 60–204.