Terópodos
Theropoda Rango fósil: Triásico superior - Cretáceo superior | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Compsognato | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Subgrupos | |||||||||||||
Theropoda (gr. "pé de besta"), terópodos en galego, é unha suborde de dinosauros saurisquios que viviron dende o Triásico superior até o Cretáceo superior (fai aproximadamente 228 e 65 millóns de anos, dende o Carniano até o Mastrichtiano), no que hoxe é América, Europa, África, Asia, Oceanía e a Antártida. Durante a maior parte do Xurásico e do Cretáceo.
Descrición
editarOs terópodos conforman un variado e amplo grupo de dinosauros sauritisquios caracterizados por ter unha dieta carnívora e o andar bípede. Os terópodos apareceron no triásico tardío (230 millóns de anos) e foron os cazadores terrestres dominantes até a súa extinción no cretáceo tardío (65 millóns de anos) xunto ao resto dos dinosauros e gran cantidade da fauna e flora desa época.
A súa forma varía dende pequenos cazadores primitivos de non máis dun metro, como o Eoraptor luneisis, a xigantescos depredadores de 15 metros de longo, como o Giganotosaurus carolini ou o Carcharodontosaurus saharicus.
Recentemente, púidose inferir a cor da súa plumaxe a partir dos restos de melanosomas[1]
Sistemática
editarTheropoda defínese como o clado máis inclusivo que contén a todos os dinosauros carnívoros triasicos, xurasicos e cretáceos e aos seus descendentes directos, as aves.
Taxonomía
editarEn si, os terópodos divídense en dous grupos importantes: os ceratosáuridos e os tetanuros, ademais dos seus membros máis primitivos, os herrerasáuridos. Os primeiros incluían aos primeiros terópodos grandes, "ceratosaurus", do Xurásico temperán, e aos abelisáuridos, que viviron no Cretáceo no que hoxe é Sudarmérica, África e maila India.
Os tetanuros abranguen un amplo abano de especies máis evolucionadas cós ceratosaurios: incluían os "carnosaurios" (grandes predadores xurásicos e cretáceos) e os "coelurosaurios", que variaban dende os áxiles dromaeosaurios até o famosísimo "Tyrannosaurus Rex".
- Suborde Theropoda
- Agnosphitys
- Infraorder Ceratosauria
- Familia Ceratosauridae
- Superfamilia Abelisauroidea
- Superfamilia Coelophysoidea
- Clado Tetanurae
- Cryolophosaurus
- Sinosaurus
- Superfamilia Spinosauroidea
- Infraordn Carnosauria
- Superfamilia Allosauroidea
- Clado Coelurosauria
- Coelurus
- Tanycolagreus
- Familia Compsognathidae
- Clado Tyrannoraptora
- Superfamilia Tyrannosauroidea
- Clado Maniraptoriformes
- Clado Ornithomimiformes
- Familia Alvarezsauridae
- Infraorde Ornithomimosauria
- Clado Maniraptora
- Yixianosaurus
- Scansoriopteryx
- Epidendrosaurus
- Infraorde Therizinosauria
- Infraorde Oviraptorosauria
- Clado Paraves
- Infraorde Deinonychosauria
- Familia Dromaeosauridae
- Familia Troodontidae
- Clado Aves
- Infraorde Deinonychosauria
- Clado Ornithomimiformes
Filoxenia
editarCladograma de Weishampel et al., 2004.[2]
Theropoda |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas
editar- ↑ Quanguo Li, Ke-Qin Gao, Jakob Vinther, Matthew D. Shawkey, Julia A. Clarke, Liliana D'Alba, Qingjin Meng, Derek E. G. Briggs, Long Miao, and Richard Ou. Prum. 2010. Plumage Cor Patterns of an Extinct Dinosaur. Science [DOI: 10.1126/science.1186290]
- ↑ Weishampel, David B.; Dodson, Peter; Osmólska, Halszka (eds.) (2004). The Dinosauria, Second Edition. University of California Press., 861 pp.
- Zinke, J. & Rauhut, Ou. W. M. 1994. Small theropods (Dinosauria, Saurischia) from the Upper Jurassic and Lower Cretaceous of the Iberian Peninsula. Berliner geowissenschftliche Abhandlungen, E 13: 163-177.
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Terópodos |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Terópodos |