Microraptor ( do grego "pequena rapaz") é un xénero de dinosauros terópodos dromeosáuridos, que viviron a principios do período Cretáceo, fai aproximadamente 130 e 125 millóns de anos, no Barremiano, no que hoxe é Asia.
Como Archaeopteryx, Microraptor prové importante información das relacións evolutivas entre aves e dinosauros. Posúe longas plumas pennáceas que forman superficies de sustentación en patas, brazos e cola. Xu (2003) descríbeo como un "dinosauro de catro ás", e especula que puido usar os catro membros para fornecerse elevación. Dúas especies foron nomeadas, M. zhaoianus e M. gui. Suxeriuse recentemente que todos os espécimes pertencen a unha soa especie, que se chamaría M. zhaoianus. Cryptovolans, outro dromeosáurido de catro ás, pode tamén ser unha especie de Microraptor.[1]
O seguinte cladograma segue unha análise de 2012 realizada polos paleontólogos Phil Senter, James I. Kirkland, Donald D. DeBlieux, Scott Madsen e Natalie Toth.[2]
- ↑ Senter, P., Barsold, R., Britt, B.B., and Burnham, D.A. (2004). "Systematics and evolution of Dromaeosauridae (Dinosauria, Theropoda)." Bulletin of the Gunma Museum of Natural History, 8: 1-20.
- ↑ Senter, P.; Kirkland, J. I.; Deblieux, D. D.; Madsen, S.; Toth, N. (2012). Dodson, Peter, ed. "New Dromaeosaurids (Dinosauria: Theropoda) from the Lower Cretaceous of Utah, and the Evolution of the Dromaeosaurid Tail". PLoS ONE 7 (5): e36790. Bibcode:2012PLoSO...736790S. PMC 3352940. PMID 22615813. doi:10.1371/journal.pone.0036790.