Tarsius tumpara
Tarsio da illa Siau
Estado de conservación
Crítico
Crítico[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Subclase: Eutheria (= Placentalia)
Orde: Primates
Suborde: Haplorrhini
Infraorde: Tarsiiformes
Familia: Tarsiidae
Xénero: Tarsius
Especie: T. tumpara
Nome binomial
Tarsius tumpara
Shekelle, Groves, Merker & Supriatna, 2008

Tarsius tumpara é unha especie de mamífero primate haplorrino tarsiiforme da familia dos tarsíidos e xénero Tarsius,[2] coñecido na bibliografía internacional como tarsio da illa Siau, endémica das selvas da illa volcánica de Siau, Indonesia, situada a uns 200 km ao nordeste da illa de Célebes, e que no ano 2008 foi segregada da especie Tarsius sangirensis.[3]

Descrición

editar

Adolf Bernhard Meyer, en 1897, clasificou un único espécime encomntrado na illa Siau, xunto con varios outros da illa Sangine como Tarsius sangirensis.[4]

A súa existencia como un taxon distinto prediciuna unha hipótese bioxeográfica, elaborada por Shekelle e Leksono en 2004 e baseada na descontinuidade xeográfica entre a punta norte da illa Célebes e, consecuentemente, o illamento da poboación de tarsios da illa de Sangir (Trasius sangirensis).[5]

O feito de que na descrición orixinal de T. sangirensis no Museo de Dresden incluía unha mención dun espécime de Siau, impulsou qa proseguir as investigacións sobre este tarsio, para ver se era taxonomicamente separábel de T. sangirensis.[6]

A predición foi confirmada posteriormente, no ano 2008, polos investigadores Myron Shekelle, Colin Groves, Stefan Merker e Jatna Supriatna, que, consecuentemente, describiron a Tarsius tumpara como unha nova especie.[3]

Estado de conservación

editar

As illas do arquipélago Sangi son coñecidas pola súa avifauna en perigo crítico, e as preocupacións sobre o estado de conservación de Tarsius tumpara comezaron xa antes da súa descrición formal.[7]

Desde o ano 2010 a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica o estauts desta especie como CR (crítico), debido que se sospeita que houbo unha redución do tamaño da súa poboación de polo menos nun 80 % durante as últimas tres xeracións, sospeita baseada nos niveis reais de explotación e nas observacións directas por xente que vive na proximidade destes tarsios, xunto con diminucións da súa moi reducida área de dispersión, quizais tan só duns 19,4 km² e a calidade do hábitat. Hai que ter en conta que, aínda que o hábitat potencial no que podería acharse é de 125 km², baseando o cálculo no tamaño da illa de Siau, xunto con dous pequenos illotes onde non se documentou a súa presenza, é en realidade moito menor, de excluírmos o cono do volcán aínda activo.[1]

Por outra parte o tarsio de Siau foi incluído na publicación bienal Os 25 primates en maior perigo do mundo, 2008-2010, pola Comisión de Supervivencia de Especies da UICN, Grupo de Especialista en Primates.[8]

  1. 1,0 1,1 Shekelle, M.; Groves, C.; Merker, S. & Supriatna, J. (2008): Tarsius tumpara na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 24-02-2016.
  2. Groves, C. P. (2005): "Order Primates" en Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World, pp. 127–128.
  3. 3,0 3,1 Shekelle, M.; Groves, C.; Merker, S.; Supriatna, J. (2008). "Tarsius tumpara: A new tarsier species from Siau Island, North Sulawesi" (PDF). Primate Conservation 23: 55–64. doi:10.1896/052.023.0106. 
  4. Meyer, A. B. (1896): Säugethiere von Celebes-und-Philippinen-Archipel. I. R. Friedlander, Sohn, Berlin, Alemaña.
  5. Shekelle, M.; Leksono, S. M. (2004). "Rencana konservasi di Pulau Sulawesi: dengan menggunakan Tarsius sebagai flagship spesies". Biota 9 (1): 1–10. 
  6. Brandon-Jones, D.; Eudey, A. A.; Geissmann, T.; Groves, C. P.; Melnick, D. J.; Morales, J. C.; Shekelle, M. & Stewart, C.-B. (2004): Asian primate classification International Journal of Primatology 25: 97.
  7. Shekelle, Myron; Meier, Rudolf; Indrawan, Mochamad; Maryanto, Ibnu; Salim, Agus; Supriatna, Jatna; Andayani, Noviar (2007). "When "Not Extinct" is Not Good News: Conservation in the Sangihe Islands". Conservation Biology 21 (1): 4–5. PMID 17298499. doi:10.1111/j.1523-1739.2006.00622_1.x. 
  8. Mittermeier, R. A.; Wallis, J.; Rylands, A. B.; Ganzhorn, J. U.; Oates, J. F.; Williamson, E. A.; Palacios, E.; Heymann, E. W.; Kierulff, M. C. M.; Long Yongcheng, S.; Supriatna, J.; Roos, C.; Walker, S.; Cortés-Ortiz, L. & Schwitzer, C. (2010): Primates in Peril: The World's 25 Most Endangered Primates 2008–2010 Arquivado 23 de xullo de 2011 en Wayback Machine.. Arlington, VA, USA: IUCN/SSC Primate Specialist Group (PSG), International Primatological Society (IPS) e Conservation International (CI). ISBN 978-1-934151-34-1, pp. 1–92.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar