Tareixa Paz

política española

Tareixa Paz Franco, nada en Barbadás o 7 de febreiro de 1967, é unha política galega do BNG.

Tareixa Paz
Nacemento7 de febreiro de 1967
 Barbadás
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Aos cinco anos emigrou coa súa familia a Lucerna, onde viviu ata a adolescencia. Estudou o bacharelato no Instituto Otero Pedrayo de Ourense e, posteriormente, Psicoloxía na USC. Dende 1990 é funcionaria da Administración de Xustiza. Foi concelleira e portavoz municipal en Barbadás polo BNG (1995-2005). Foi deputada provincial (1999-2005). É membro do Consello nacional do BNG. Foi deputada e vicepresidenta do Parlamento Galego, onde exerceu de voceira en materia de Agricultura e Medio Rural.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar