Tarcila Rivera Zea

activista dos pobos indíxenas

Tarcila Rivera Zea é unha activista indíxena do Perú. Pola súa acción na defensa dos dereitos dos pobos e as mulleres indíxenas foi recoñecida co Premio Visionario outorgado pola Fundación Ford no ano 2011.[1][2]

Infotaula de personaTarcila Rivera Zea
Biografía
Nacemento24 de decembro de 1950 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Ayacucho, Perú Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePerú Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista , directora de cinema Editar o valor em Wikidata
LinguaLinguas quechuas e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm5052058 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Tarcila Rivera Zea naceu na comunidade de San Francisco de Pujas, Ayacucho, capital da provincia de Huamanga, no Perú. Dende nena tivo que exercer como empregada do fogar co fin de recibir educación, aprendendo castelán á idade de 18 anos, sendo a súa lingua materna o quechua.[3] Á súa chegada á capital con tan só dez anos, foi vítima de toda clase de discriminación pola súa condición de muller andina.[2]

Durante a década dos 70, exerceu como secretaria especializada en archivística e biblioteconomía no Ministerio de Cultura do Perú, estudando no Vaticano e na Arxentina. Anos máis adiante colaboraría como xornalista para a revista "Pueblo Indio" do Consello Indio de Suramérica (CISA).[1][4]

Como recoñecemento do seu traballo na recompilación de testemuños de mulleres indíxenas violadas durante os conflitos armados, foi convidada a seguir cursos de especialización en dereitos humanos no Instituto de Estudos Sociais (ISS) da Haia, nos Países Baixos, e o Centro Internacional de Educación en Dereitos Humanos en Charlottetown, no Canadá.[2]

En 1987, comeza a participar en procesos internacionais sobre os dereitos dos pobos indíxenas, así como en conferencias das Nacións Unidas sobre a Muller, o cal a levou a que ONU Mulleres a convidase en 2012 a formar parte do seu Grupo Asesor Internacional sobre a Sociedade Civil.[2]

Rivera Zea é fundadora do Enlace Continental de Mulleres Indíxenas das Américas (ECMIA) e do Foro Internacional de Mulleres Indíxenas (FIMI), senllas redes que impulsan o apoderamento e a implicación política das mulleres indíxenas do mundo.[2]

Ademais, todos os seus anos de activismo, defendendo e visibilizando as culturas e os pobos indíxenas do Perú, tiveron o seu froito na creación do Obradoiro Permanente de Mulleres Indíxenas Andinas e Amazónicas do Perú e do Centro de Culturas Indíxenas do Perú (CHIRAPAQ).

Exerceu como secretaria de Martha Hildebrandt no Instituto Nacional de Cultura do Perú, experiencia que foi determinante na formación da mesma.[5][6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 CHIRAPAQ (9 de novembro de 2011). "Premio Visionario a Tarcila Rivera Zea". chirapaq.org (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2017. Consultado o 14 de decembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "ONU: Eligen a Tarcila Rivera como miembro del Foro Permanente | Servindi - Servicios de Comunicación Intercultural". www.servindi.org (en castelán). Consultado o 21 de decembro de 2017. 
  3. unwomen.org (ed.). "In the words of Tarcila Rivera Zea: “My parents, illiterate as they were, pushed to learn more”". Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  4. "CISA". puebloindio.org (en castelán). Consultado o 15 de decembro de 2017. 
  5. "Tarcila Rivera Zea en “20 Lucas” | Chirapaq Español". chirapaq.org.pe (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2017. Consultado o 21 de decembro de 2017. 
  6. "Emotivo reconocimiento de activista indígena a lingüista Martha Hildebrandt". www.capital.com.pe (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2017. Consultado o 21 de decembro de 2017.