Unha talla[1] é unha obra de escultura, especialmente en madeira. A madeira tállase mediante un proceso de desgaste e puído, co propósito de darlle unha forma determinada, que pode ser un obxecto concreto ou abstracto. O produto final pode ir desde unha escultura individual até elementos decorativos traballados a man que forman parte dunha trazaría.

Talla en madeira da figura dun rei ou dignatario, procedente do Camerún, século XIX, na Colección de Tallas do Museo Etnolóxico, Berlín-Dahlem.
Tallas cristiás.
Tallas en madeira en Mombasa Beach en Kenya.

Historia editar

É unha actividade moi antiga e estendida a longo prazo. Algúns dos mellores exemplos que subsisten de antiga madeira tallada proveñen da Idade Media en Italia e Francia, onde os temas típicos daquela época era a iconografía cristiá. En Inglaterra subsisten exemplos dos séculos XVI e XVII, época na que o medio preferido era o carballo.

Desde as épocas máis remotas a decoración de madeira foi unha arte destacada. A tendencia da natureza humana foi sempre ornamentar cada artigo de uso ordinario. A humanidade, desde os seus primeiros tempos, corta debuxos ou deseños en cada artigo de madeira que é susceptible de talla. Así tamén a obra de diversos pobos que conservan esta tradición: os nativos de Norteamérica tallan os seus anzois ou as boquillas das pipas, o mesmo que os polinesios tallan os seus remos.

Aplicacións editar

As súas aplicacións son variadisimas, aínda que a súa principal función é o ornamento. Úsase tanto a nivel arquitectónico como para o embelecemento de obxectos de uso cotián.

Como toda artesanía, ten un compoñente artístico, no cal o tallista-artesán envorca o seu talento creativo para sacar dunhas simples táboas unha obra de arte, e outro compoñente, técnico e mecánico, que hai que ter en conta para que a materia prima responda os esforzos do tallista e logre o resultado desexado.

Para realizar a talla en madeira empréganse ferramentas especializadas como as gubias, elixíndose madeiras de alta densidade e que non se lasquen facilmente.

Ultimamente emprégase tamén outras técnicas para tallar a madeira. Pódese facer deseñando o obxecto a tallar cun software de modelaxe en tres dimensións CAD. Pásase ese debuxo en tres dimensións a un software de mecanización asistida por computador CAM que unha máquina de control numérico poderá fabricar automaticamente. O delicado desta técnica é saber debuxar co software CAD obxectos artísticos.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar