Talento ático
O talento ático, tamén coñecido como talento ateniense ou talento grego ( do grego: τάλαντον, talanton, "escala", "equilibrio", "suma"), era unha antiga unidade de masa equivalente a 26 kg no sistema decimal, así como unha unidade do valor ou moeda de conta igual a esa cantidade de prata pura.[1][2][3]

Valor na época
editarOrixinariamente entendíase que o talento representaba a masa da auga necesaria para encher unha ánfora dun pé cúbico. A súa equivalencia en peso sitúase en 57 libras (26 quilogramos), aínda que Friedrich Hultsch estimou un peso de 26,196 kg e Dewald, en 1998, ofreceu a hipótese de 25,992 kg.[4][5]
O talento ático dividíase en 60 minas ou 6.000 dracmas, ou 36.000 óbolos.[6]
Como mostra do seu valor na época, durante a Guerra do Peloponeso pagábase un talento mensual á tripulación dun trireme de 200 remeiros, ou, ou o que é o mesmo, un dracma (ou 4,3 gr de prata pura) por remeiro e día.[7] Consonte listaxes de salarios de 377 a. de C., un talento era o soldo que dun traballador cualificado recibía por nove anos de traballo (algo máis de dous dracmas e medio diarios).[8]
O talento no sistema monetario da Antiga Grecia
editarAs equivalencias do talento ático en minas e outras moedas daquela época son as seguintes:[9]
Notas
editar- ↑ "Talento Arquivado 04 de xullo de 2018 en Wayback Machine.". En Algunos tipos de monedas antiguas. www.tesorillo.com
- ↑ Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Talento".
- ↑ Girod (1827). "Talentum". Páxina 54.
- ↑ Hultsch, Friedrich. Griechische und Römische Metrologie. Weidmannsche Buchhandlung, 1882. 2ª ed. Páxina 135.
- ↑ Waterfield, R. (trad). e Dewald, C. (introd.). Herodotus. The Histories. A new translation bay Waterfield. Oxford University Press. 2008. Appendix II. ISBN 978-0199535668
- ↑ Renfrew; Wagstaff. 1982. An Island Polity. The archeology of exploitation in Melos. Cambridge University Press. 1982. Páxina 49. ISBN 0521237858. "One Attic talent was the equivalent of 60 minae or 6,000 drachmae..."
- ↑ Torr, Cecil. "Triremes". En The Classical Review. Vol. 20. Nº 2. Marzo de 1906. Páxina 137.
- ↑ Engen, Darel. "The Economy of Ancient Greece". En EH.Net. 2004. Economic History Associacion.
- ↑ Renfrew; Wagstaff. 1982. An Island Polity. The archeology of exploitation in Melos. Cambridge University Press. 1982. Páxina 49. ISBN 0521237858. "One Attic talent was the equivalent of 60 minae or 6,000 drachmae..."
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7
- Girod. Dictionaire epécial et classique des monnaies, poids, messures, divisions du temps, chez les grecs, les romains, les juifs et les égyptiens. París-Lion, 1827. Páxina 45.