Troponina C tipo 2

(Redirixido desde "TNNC2")
Troponina C 2, músculo esquelético rápido
Identificadores
Símbolo TNNC2
Entrez 7125
OMIM

191039

RefSeq NP_003270
UniProt P02585
Outros datos
Locus Cr. 20 q12-13.11.(44.45-44.46 Mb)

A troponina C, músculo esquelético rápido ou troponina C tipo 2 (TNNC2) é unha proteína que nos humanos está codificada no xene TNNC2 do cromosoma 20.[1][2] É unha das dúas isoformas da troponina C; a outra é a TNNC1. Esta isoforma está presente nos músculos esqueléticos de contracción rápida, e únese a ións calcio, regulando a contracción muscular. Cando está unida ao calcio, a contracción muscular é posible. A troponina é un complexo de tres subunidades: troponina C, T e I.[2]

NotasEditar

  1. Gahlmann R, Kedes L (Aug 1990). "Cloning, structural analysis, and expression of the human fast twitch skeletal muscle troponin C gene". J Biol Chem 265 (21): 12520–8. PMID 2373703. 
  2. 2,0 2,1 "Entrez Gene: TNNC2 troponin C type 2 (fast)". 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar