Terreo Cinexeticamente Ordenado

área do territorio galego susceptible de aproveitamento cinexético
(Redirección desde «TECOR»)

Un Terreo Cinexeticamente Ordenado (TECOR) é unha área do territorio galego susceptible de aproveitamento cinexético que fose declarada e recoñecida como tal pola Consellería do Medio Rural. Esta categoría territorial naceu coa Lei de Caza de Galicia de 1997, substituíndo os antigos cotos de caza.

Zona de adestramento de cadelos ata un ano, Xunta de Galicia.

Características editar

Os TECOR deben ter unha extensión mínima de 2.000 hectáreas, fronte ás 500 dos antigos cotos. Amais, deben ter un plan de xestión cinexética e un garda que controle o terreo. Segundo datos da Subdirección Xeral de Medio Ambiente Natural, Caza e Pesca Fluvial da Xunta de Galicia, en 2004 arredor o 83 % da superficie galega tiña esta consideración, aproximadamente 2.500.000 ha, repartidas en 430 TECOR, das que o 60 % estaban destinadas á caza.

Regulamentación editar

 
Sinalización de primeira orde de TECOR Societario, Antas de Ulla (Lugo).

A súa poboación cinexética ten que estar protexida e fomentada, aproveitándose de xeito ordenado. Establece normativas sobre a mellora forestal, regulando a posibilidade de facer queimas controladas de mato, rozas ou a instalación de refuxio para a fauna e zonas de alimentación. Controla tamén os aspectos sanitarios das repoboacións de especies de caza. A súa sinalización comezou a levarse a cabo en 2002.

Os TECOR deben estar sinalizados e indicado o seu tipo segundo a Orde do 23 de xullo de 2002, da Consellería de Medio Ambiente. Os carteis son de forma rectangular e miden 50 centímetros de largo e 33 de alto. No cartel de fondo branco e letras maiúsculas en negro indícase na parte central o tipo de explotación.

Tipoloxía e sinalización editar

 
Sinais de segunda orde de TECOR (30 cm × 20 cm).

Segundo a súa ordenación, un TECOR pode ser de tipo:

Están sinalados con sinais de segunda orde: carteis de forma rectangular de 30 centímetros de largo e 20 centímetros de alto, que poden ir ir pintados en rochas e paredes. Na esquina superior esquerda o cartel ten o indicativo da Xunta de Galicia e na esquina superior dereita as inicias da provincia e o número de TECOR. Baixo o tipo de explotación pon o nome do TECOR en letras maiúsculas.

  • Os TECOR societarios están sinalados cun rectángulo cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito. A metade inferior en negro e a superior en branco.
  • Os TECOR particulares teñen un rectángulo cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito. A metade inferior en marrón e a superior en branco.
  • Os TECPR autonómicos e municipais aparecen sinalados cun rectángulo cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito. A metade inferior en laranxa e a superior en branco.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar