Tàssies
Josep Antoni Tàssies Penella, nado o 13 de novembro de 1963 en Barbastro, Huesca, é un debuxante e autor e ilustrador catalán. Entre os galardóns que recibiu destacan o Premio Internacional de Ilustración da Feira do Libro Infantil de Boloña (2008) e o Gran Premio da Bienal de Ilustración de Bratislava (2009).
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de novembro de 1963 (60 anos) Barbastro, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Autónoma de Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | ilustrador |
Traxectoria
editarTàssies licenciouse en Ciencias da Información e Xornalismo pola Universidade Autónoma de Barcelona en 1987. En 1991 obtivo o máster en edición pola mesma universidade. Os seus primeiros debuxos foron impresos en 1983. As ilustracións de Tàssies, como retratos para suplementos literarios, viñetas e caricaturas sobre temas socio-políticos, apareceron en El País, La Vanguardia ou El Periódico de Catalunya, entre outros. Impartiu seminarios de ilustración de xornal na Escola de la dona - Diputació de Barcelona . Tàssies vive coa súa familia en Brunyola.[1]
Notas
editarVéxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Cataluña |
Ligazóns web
editar- Páxina web Arquivado 23 de marzo de 2023 en Wayback Machine. de Tàssies
Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |