Ciencia da información

A ciencia da información é un campo interdisciplinar que se encarga da análise, colección, clasificación, manipulación, almacenamento, consulta, movemento, diseminación, e protección da información.[1] Practicantes dentro e fóra do campo estudan a aplicación e o uso do coñecemento en organizacións xunto coa interacción entre persoas, organizacións, e calquera sistemas de información existente coa finalidade de crear, substituír, mellorar ou entender os sistemas de información. A ciencia da información é a miúdo (erradamente) considerada unha póla de informática; porén, emprega a ciencia informática e é un amplo campo interdisciplinario que non só incorpora elementos da informática, senón tamén doutros campos como a ciencia da arquivación, a ciencia cognitiva, o comercio, as comunicacións, a lei, a bibliotecoloxía, a museoloxía, a administración, as matemáticas, a filosofía, a política pública, as ciencias sociais, así como todos os campos de estudo porque a información existe en todos os campos.

A Antiga Biblioteca de Alexandría, unha forma temperá de almacenamento de información e consulta.
  1. Stock, W.G., & Stock, M. (2013). Handbook of Information Science. Berlin, Boston, MA: De Gruyter Saur.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar