Sviataslaŭ Lohin

bispo ortodoxo belaruso

Sviataslaŭ Lohin (en belaruso: Сьвятаслаў Логін), nado como Viačaslaŭ Viačaslavavič Lohin (en belaruso: Вячаслаў Вячаслававіч Логін) o 26 de novembro de 1964 en Chernihiv, é un eclesiástico belaruso, primado da Igrexa ortodoxa autocéfala belarusa dende o 11 de maio de 2008, e arcebispo de Navahrudak e América do Norte.

Modelo:BiografíaSviataslaŭ Lohin
Biografía
Nacemento26 de novembro de 1964 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Chernigov, Ucraína Editar o valor en Wikidata
Bispo ortodoxo
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo ortodoxo e Igrexa ortodoxa autocéfala belarusa Editar o valor en Wikidata
EducaciónKyiv Theological Seminary (en) Traducir (1994–1999)
Instituto Politécnico de Kiev Igor Sikorsky (pt) Traducir (–1986)
Universidade de Manitoba (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro (1986–), ministro Editar o valor en Wikidata
Premios

Traxectoria

editar

Naceu o 26 de novembro de 1964 en Chernihiv (hoxe en Ucraína) de pais enxeñeiros, Viačaslaŭ Lohin e Liudmila Siz, orixinarios de Navahrudak (Belarús). Lohin graduouse polo Instituto Politécnico de Kíiv en 1986, e comezou a traballar como enxeñeiro.

En 1994 ingresou no Seminario de Kíiv até 1999, e posteriormente continuou os seus estudos relixiosos no Colexio de Santo André en Winnipeg, asociado á Universidade de Manitoba, até o ano 2000. O 27 de agosto dese ano foi ordenado diácono, e o 17 de decembro foi ordenado sacerdote da Igrexa ortodoxa autocéfala belarusa na igrexa de San Cirilo de Turaŭ de Toronto, e asignado á mesma parroquia.

Entre 2002 e 2007 foi reitor da parroquia da Santa Icona da Nai de Deus de Žyrovicy de Highland Park, en Nova Jersey, e a partir de 2005 tamén da catedral de San Cirilo de Turaŭ en Nova York. En outubro de 2006 foi elixido como candidato ao episcopado. En 2007 volveu ao seu primeiro destino en Toronto.

En febreiro de 2008 fixo votos monásticos e tomou o nome de Sviataslaŭ no mosteiro dos Catro Evanxelistas da Igrexa ortodoxa autocéfala ucraína nos Estados Unidos, en Houston (Texas). O 24 de febreiro de 2008 foi elevado ao rango de hegúmeno e arquimandrita. O 11 de maio de 2008 recibiu a consagración episcopal de mans dos bispos Oleksandr Bykovets e Makarii Herring, da Igrexa ortodoxa autocéfala ucraína nos Estados Unidos, e de Paisii Dmokhovskyi, da Igrexa ortodoxa ucraína do patriarcado de Kíiv, como arcebispo de Navahrudak e América do Norte, e o sínodo da súa igrexa elixiuno administrador da mesma.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar