Igrexa ortodoxa autocéfala belarusa

A Igrexa ortodoxa autocéfala belarusa (en belaruso: Беларуская аўтакефальная праваслаўная царква, Bielaruskaja aǔtakefaĺnaja pravaslaǔnaja carkva) é unha igrexa ortodoxa non canónica que aspira a ser a igrexa ortodoxa autocéfala nacional de Belarús, en contraposición co exarcado belaruso da Igrexa ortodoxa rusa.

Igrexa ortodoxa autocéfala belarusa
Historia
Fundación1922
MotivoIndependencia da Igrexa ortodoxa polaca
Goberno
MetropolitaSviataslaŭ Lohin
Outros datos
Páxina webwww.belapc.org

Ten a súa orixe nun grupo de crentes pertencentes á Igrexa ortodoxa polaca, á que logo da primeira guerra mundial Constantinopla concedeu a autocefalia. No sínodo en Minsk, o 23 de xuño de 1922, foi creada a metrópole autocéfala belarusa. A igrexa operou con liberdade até 1938, cando foi suprimida polos bolxeviques. A finais da década de 1940 foi restaurada, e dende entón ten tentado restabelecerse en Belarús. Hoxe a súa actividade limítase case totalmente á diáspora, xa que tivo a oposición dos sucesivos gobernos belarusos e das principais igrexas ortodoxas canónicas.

O seu máximo dirixente é o arcebispo de Navahrudak e América do Norte Sviataslaŭ Lohin.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar