Cristianismo ortodoxo

O cristianismo ortodoxo, como póla do cristianismo, está integrado polas tradicións relacionadas coa filosofía oriental, en oposición ás tradicións occidentais, representadas polo catolicismo. O cristianismo ortodoxo pódese referir a:

  • Calquera teoloxía cristiá que se considera a correcta en comparación con outra polos seus adherentes.
  • Igrexa Ortodoxa, comunidade do leste de Europa cuxa antigüidade remóntase aos doce apóstolos e é a terceira das tres grandes igrexas ou comunidades cristiás, despois da Igrexa Católica e o conxunto de igrexas protestantes.
  • As igrexas ortodoxas orientais, xurisdicións que se escindiron do corpo da Igrexa ao rexeitar a Cristoloxía emanada do Concilio Ecuménico de Calcedonia o ano 451.
  • Igrexas orientais, as que se desenvolveron dende os primeiros tempos do cristianismo nas rexións do Imperio romano situadas baixo a órbita cultural de Bizancio e a lingua grega.