Svava Jakobsdóttir

Svava Jakobsdóttir, nada en Neskaupstaður o 4 de outubro de 1930 e finada o 21 de febreiro de 2004, foi unha escritora islandesa. Coñecida polos seus contos contos e pola novela Leigjandinn (1969). Foi deputada do Alþingi pola Alianza Popular dende 1971 ata 1979. Casou co investigador e experto no folclore e mitos islandeses Jón Hnefill Aðalsteinsson e era irmá do dramaturgo Jökull Jakobsson.

Infotaula de personaSvava Jakobsdóttir
Biografía
Nacemento4 de outubro de 1930 Editar o valor em Wikidata
Neskaupstaður, Islandia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte21 de febreiro de 2004 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Reiquiavik, Islandia Editar o valor em Wikidata
Member of the Althing (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIslandia Editar o valor em Wikidata
EducaciónSmith College
Somerville College Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua islandesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Filla de Jakob Jónsson, pastor[1] da Igrexa de Islandia naceu nunha pequena localidade do leste do país, onde seu pai era párroco e súa nai era Þóra Einarsdóttir. Cando aínda era moi nova, en 1935, a súa familia aveciñouse en Wynyard, localidade fundada en 1905 por islandeses[2] na provincia de Saskatchewan no Canadá, onde seu pai servía á congregación luterana islandesa. Regresou a Islandia en 1940 e graduouse na escola secundaria de Reykjavík en 1949. Publicou o seu primeiro relato en 1950 "Konan í kjallaranum", gañador do primeiro premio do concurso de relatos da revista Líf og list. Marchou aos Estados Unidos para estudar no Smith College de Northampton (Massachusetts) onde se graduou en literatura inglesa e americana en 1952. Tamén cursou estudos de posgrao en literatura islandesa antiga no Somerville College de Oxford dende 1952 ata 1953. O 11 de xuño de 1955 casou con Jón Hnefl Aðalsteinsson.

Svava traballou como secretaria[3] no Ministerio de Asuntos Exteriores e na embaixada de Islandia en Estocolmo dende 1955 ata 1960. Ensinou na escola primaria e secundaria de Eskifjörður, onde seu home era párroco, en 1963 e 1964. En 1965 saíu do prelo o seu primeiro libro, a colección de relatos 12 konur. Entre 1965 e 1966 estudou literatura sueca na Universidade de Uppsala[4]. Traballou como xornalista para Lesbók Morgunblaðið entre 1966 e 1969. De 1968 a 1971 foi membro do consello da Asociación de Escritores Islandeses e empregada do departamento de programas da RÚV de 1969 a 1970. Representou a Islandia no grupo consultivo que avaliou entre 1972 e 1978 a cooperación cultural nórdica segundo a Convención Cultural Nórdica. Foi membro suplente do consello da Casa Nórdica de Reykjavík de 1979 a 1984 e membro do consello museístico da Galería Nacional de Islandia de 1979 a 1983. Representou a Islandia no comité nórdico de igualdade de xénero entre 1980 e 1983. Estivo no consello da editorial Mál og menningar de 1976 a 1979 e tamén foi membro do seu consello representativo. Foi membro do Consello de Escritores de 1978 a 1980. Tamén estivo no consello da Asociación de Dramaturgos de Islandia de 1986 a 1990.

Política editar

Svava ocupou dous mandatos no parlamento pola Alianza Popular entre 1971 e 1979. Foi membro do Consello de Investigacións do Goberno de 1971 a 1974 e suplente de 1978 a 1979. Tamén foi membro suplente do Consello Nórdico de 1971 a 1974 e membro principal do 1978 a 1979. Foi tamén membro da Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1972, 1974, 1977 e 1982.

Obra editar

Ademais de relatos recollidos en varios libros, Svava escribiu novelas e pezas teatrais. Está considerada unha das escritoras máis relevantes de Islandia [5] e unha pioneira entre as dramaturgas[6]. No seu drama, Hvað er í blýhólknum? que tivo a súa estrea en 1970 foi a primeira obra teatral islandesa en tratar como tema principal a situación da muller[7] .

A súa primeira novela foi Leigjandinn que publicou en 1969, constitúe unha alegoría da presenza militar das bases militares dos Estados Unidos como membro da OTAN na sociedade islandesa mais tamén é salientable polas súas referencias feministas [8].A súa segunda novela Gunnlaðar saga (1987) é unha reinterpretación da mitoloxía nórdica e foi candidata ao Premio de Literatura do Consello Nórdico[9]

Obras editar

Libros de relatos editar

  • 12 konur, 1965
  • Veisla undir grjótvegg, 1967
  • Kona med spegil , 1967
  • Sögur, 1979
  • Gefið hvort öðru, 1982
  • Endurkoma, 1986
  • Smásögur, 1987
  • Undir eldfjalli, 1989
  • Sögur handa öllum, 2001

Novelas editar

Teatro editar

  • Hvað er í blýhólknum?, 1970
  • Friðsæl veröld, 1974
  • Æskuvinir, 1976
  • Í takt við tímana, 1980
  • Lokaæfing, 1983
  • Næturganga, 1989

Notas editar

  1. Torfi Jónsson (1982–1984). Æviskrár samtídarmanna. Skuggsjá. 
  2. "Vatnabyggd: An Icelandic Settlement in Saskatchewan". Virtual Museum. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2020. Consultado o 21 de outubro de 2020. 
  3. "Svava Jakobsdóttir". althingi.is. 
  4. "Svava Jakobsdóttir". Reykjavík UNESCO City of Literature. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2020. Consultado o 21 de outubro de 2020. 
  5. Helga Kress (1999). "Icelandic Writers". En Helen Tierny. Women's Studies Encyclopedia. Greenwood. 
  6. Daisy Neijmann, ed. (2006). A History of Icelandic Literature. University of Nebraska. p. 581. 
  7. Daisy Neijmann, ed. (2006). A History of Icelandic Literature. University of Nebraska. p. 569. 
  8. "Svava Jakobsdóttir". The History of Nordic Women's Literature. 
  9. Jakobsdóttir, Svava in Jane Eldridge Miller (ed.): Who's who in contemporary women's writing. Routledge, London 2001