Supergrass foi unha banda de rock alternativo inglesa formada en Oxford no ano 1993. Está formada por Gaz Coombes (guitarra e voz), Rob Coombes (teclado), Danny Goffey (batería) e Mick Quinn (baixo).

Supergrass
OrixeOxford, Inglaterra
Período1993 - 2010
2019 - presente
Xénero(s)rock alternativo, britpop
Selo(s) discográfico(s)Parlophone
MembrosGaz Coombes
Rob Coombes
Danny Goffey
Mick Quinn
Na rede
http://www.supergrass.com/
IMDB: nm1967734 Facebook: supergrass Twitter: supergrasshq Instagram: supergrasshq MySpace: supergrass Youtube: UCvEVRo07OAojKg8ekpk1Lyw Spotify: 0sHeX8oQ6o7xic3wMf4NBU iTunes: 391069 Last fm: Supergrass Musicbrainz: 6386ddff-0d13-4685-9f0a-a82bf022fb1c Songkick: 474192 Discogs: 58694 Allmusic: mn0000031556 Deezer: 1320 Editar o valor en Wikidata

O grupo naceu como un trío pero no ano 2002 uniuse oficialmente Rob Coombes, irmáns de Gaz. A banda fichou por Parlophone Records en 1994 e lanzou I Should Coco (1995), o álbun de estrea máis vendido do selo dende o Please Please Me dos Beattles. O cuarto sinxelo do disco, "Alright", foi un grande éxito internacional que estableceu a reputación de Supergrass. Dende entón o grupo lanzou cinco álbums máis: In It for the Money (1997), Supergrass (1999), Life on Other Planets (2002), Road to Rouen (2005) e Diamond Hoo Ha (2008), ademais do recompilatorio Supergrass Is 10 (2004).

En agosto de 2009 Sepergrass fichou por Cooking Vinyl e comezou a gravar o seu sétimo álbum de estudio, Release the Drones. O disco non chegaría a ser rematado xa que o 12 de abril de 2010 a banda anunciou a súa disolución debido a diferenzas musicais e creativas.[1] O grupo separouse tras catro concertos de despedida, sendo o derradeiro en La Cigale de París o 11 de xuño dese mesmo ano.

Supergrass reformouse en 2019, inicialmente para actuar no Pilton Party e para realizar poteriormente un concerto "segredo" en Londres.

Traxectoria

editar

The Jennifers e formación

editar

Supergrass foi formada en 1993 por Gaz Coombes na voces e na guitarra, Mick Quinn no baixo e Danny Goffey na batería. Antes diso, Goofey e Coombes xa tocaran xuntos na banda The Jennifers, con Nick Goffey e Andy Davies. O son era practicamente igual ao da banda Ride, e The Jennifers chegaron a lanzar un sinxelo pola discográfica Nude Records. A historia de Jennifers non durou moito tempo, e Coombes, Goffey e Quinn acaban tomando outro rumbo, formando unha nova banda. As influencias máis evidentes do novo proxecto eran as bandas inglesas dos anos 60, engadíndolle a forza, entusiasmo e enerxía punk de bandas tan díspares como Pixies e Buzzcocks.

A nova banda evolucionou rápido e en pouco tempo xa se presentaba en directo en actuacións de media hora. O primeiro lanzamento de Supergrass foi o sinxelo "Caught By The Fuzz", hoxe en día clásico do britpop. O sinxelo foi lanzado pola discográfica independente Backbeat, no verán de 1994.

Eran só 250 copias, pero o sinxelo tivo repercusión. A Parlophone, do xigante grupo EMI contratounos e relanzou "Caught By The Fuzz" en outubro. Desta vez, o sinxelo case entra no top 40 britânico (chegou ao 42) e rendeu eloxios dos medios ingleses, á parte de comentarios positivos do persoal de Blur e Elastica. A partir de aí as cousas comezaron a andar rápido: concertos como abreconcertos de Blur, canción inédita no entón lendario Singles Club da Sub Pop e disco de estrea listo para ser lanzado no ano seguinte.

O debut, I Should Coco, chegou ás tendas en maio de 1995 e non tardou en alcanzar a cima das listas inglesas. A responsable da fazaña foi a canción "Alright", o hit do verán daquel ano. O seu videoclip axudou á banda a ser coñecida no resto do mundo. Dous sinxelos máis seguiron a este lanzamento, "Time" e "Lenny", que sitúan a Supergrass entre as grandes bandas de Inglaterra.

Despois da xira mundial de I Should Coco a banda só retornaría con disco novo en 1997. In It for the Money, repetíuse o éxito do seu predecesor ao chegar ao segundo lugar en Inglaterra, con vendas dun millón de copias só nese país. No seu segundo álbum, Supergrass mantén o entusiasmo de sempre, pero é un disco menos fresco que I Should Coco, á parte de amosar un evidente refinamento en arranxos máis detallados. Mentres tanto, fóra de Inglaterra a banda non mantivo o mesmo éxito, reducíndose o seu público. "Richard III" e "Sun Hits the Sky" foron os hits de In It for the Money.

A banda retornaría en 1999 cun disco autotitulado, que foi coñecido entre os fans como X-Ray Album (pola imaxe da súa portada). A pesar de que seguise a mesma liña do disco anterior, algúns críticos consideraron Supergrass máis relaxado, non chegando ás expectativas depositadas nel. Mesmo contando cun sinxelo poderoso, "Pumping On Your Stereo", o disco xa non tivo as mesmas vendas en Inglaterra e foi pouco notado noutros países.

A banda lanzou o seu cuarto traballo Life At Other Planets, en 2002. O disco foi ben recibido pola crítica, restablecendo a credibilidade e o respecto ao traballo da banda. Mentres tanto, mesmo co éxito do sinxelo "Grace", foi o que peor se comportou nas listas, chegando só ao noveno lugar en Inglaterra. É neste álbum no que Rob Coombes, teclista e irmán de Gaz, é recoñecido como membro oficial do grupo.

En 2004 editaron un recompilatorio, Supergrass is 10, e en 2005 lánzoase o seu quinto traballo, Road To Rouen.

Discografía

editar
Álbum Ano Selo
I Should Coco 1995 Parlophone
In It for the Money 1999 Parlophone
Supergrass 2002 Parlophone
Life on Other Planets 2002 Parlophone
Road to Rouen 2005 Parlophone
Diamond Hoo Ha 2008 Parlophone
  1. "The Press Association: Supergrass to split after 17 years". web.archive.org. 2010-04-16. Archived from the original on 16 de abril de 2010. Consultado o 2021-10-16.