Danny Goffey
Daniel Robert Goffey, nado o 7 de febreiro de 1974, é o batería da banda de rock inglesa Supergrass.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de febreiro de 1974 ![]() Eton, Reino Unido (pt) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido ![]() |
Educación | The Henley College (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | batería , compositor de cancións , guitarrista ![]() |
Período de actividade | 1991 ![]() |
Xénero artístico | Rock alternativo ![]() |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Instrumento | Guitarra ![]() |
Familia![]() | |
Cónxuxe | Pearl Lowe |
Pai | Chris Goffey (en) ![]() ![]() |
Páxina web | dannygoffey.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarGoffey comezou a súa carreira musical na banda Fallopian Tubes, na escola primaria. No Wheatley Park School, en Oxford, el converteuse no batería de The Jennifers que tiña na súa formación a un noviño Gaz Coombes como vocalista. The Jennifers comezaron a gañar reputación na escena indie de Oxford e editaron un sinxelo en 1992 a través da Nude Records antes de separarse. Despois disto Goffey e Coombes decidiron continuar traballando xuntos no futuro.
En 1993 Coombes presentoulle a Goffey ao seu compañeiro Mick Quinn, e os tres comezaron a tocar xuntos. Pouco despois Theodore Supergrass, o primeiro nome de Supergrass, formouse. A banda conseguiu un grande éxito, sobre todo durante o auxe do britpop, a mediados dos 90.