Abrir o menú principal

Elastica foi unha banda de rock alternativo inglesa moi popular durante os anos 90. Foi formada por Justine Frischmann e Justin Welch despois de que estes deixasen Suede en 1992. Frischmann recrutou ao resto dos membros da banda: Justin Welch (batería), Annie Holland (baixo) e Donna Matthews (guitarra). A banda publicou dous álbums de estudio, Elastica e The Menace, entes de desfacerse no ano 2001.

ElasticaBand.png
OrixeLondres, Inglaterra Flag of England.svg
Período1992 - 2001
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s) discográfico(s)Deceptive Records, DGC Records, Atlantic Records, Wichita Recordings
MembrosJustine Frischmann
Justin Welch
Annie Holland
Donna Matthews
David Bush
Sheila Chipperfield
Paul Jones
Mew

Índice

TraxectoriaEditar

Elastica formouna a mediados de 1992 a ex-guitarrista de Suede Justine Frischmann e o ex-batería de Spitfire e Suede Justin Welch. En outono dese ano, a baixista Annie Holland e a guitarrista Donna Matthews (ex-Darling Buds) uníranse á banda. Despois dos seus primeiros ensaios, gravacións e concertos baixo nomes coma Vaseline e Onk, a banda quedou co nome Elastica a principios de 1993.

O seu primeiro sinxelo foi "Stutter", aparecido en 1993, que beneficiouse da promoción que lle deu o DJ da BBC Radio 1 DJ e xefe da Deceptive Records Steve Lamacq, que descubrira á banda un ano antes. En 1994 Elastica editou dous sinxelos que serían top 20 no Reino Unido, "Line Up" e "Connection", e realizaron varias actuacións na radio. Ademais, a relación entre Frischmann co líder de Blur Damon Albarn aparecería nas cabeceiras dos tabloides británicos, favorecendo de certo modo á banda.

O primeiro traballo da banda, Elastica, foi editado en marzo de 1995 e entrou nas listas británicas no número 1, converténdose nuns dos debuts con máis vendas da historia do Reino Unido. A álbum foi precedido polo seu cuarto sinxelo, "Waking Up", que chegou ao número 13 na lista británica de sinxelos.

A banda sería obxecto de certa controversia cando varios grupos demandáronos por plaxio. Entre elas, a banda de post-punk Wire (unha das maiores influencias para Elastica) afirmaba que moitas das melodías da banda foron collidas de composicións de Wire. The Stranglers tamén dixeron que o tema de Elastica "Waking Up" tiña bastante parecido ao seu tema "No More Heroes".

Nos Estados Unidos "Connection" e "Stutter" foron emitidos en programas de radio de rock moderno e tamén entraron nas listas de pop. Despois de tocar no Glastonbury Festival de 1995, á banda uniuse á xira do Lollapalooza tocando durante case todo o ano. Debido ao cansazo, a baixista orixinal Annie Holland deixou a banda a principios de agosto de 1995 e foi substituída para o resto da xira polo baixista de sesión Abby Travis. A substituta definitiva de Holland, Sheila Chipperfield, chegaría na primavera de 1996 e por esas datas o teclista David Bush (ex-The Fall) pasaría a formar parte da banda.

Despois de máis concertos e de facer demos de novo material na primeira metade de 1996, Elastica entrou no estudo a finais de ano para comezar a traballar no seu segundo traballo. A finais de 1998 a guitarrista Donna Matthews deixou a banda e sería substituída polo guitarrista Paul Jones e o teclista Mew. Tamén por ese tempo Chipperfield sería substituída por Annie Holland, que regresaba á banda.

Como tributo aos "anos perdidos" da banda, apareceu un EP de 6 temas autotitulado en agosto de 1999 cunha variedade de gravacións de sesións abortadas. Este EP foi o primeiro material de Elastica en catro anos. Despois de regravar moitas desas cancións a mediados de 1999, xunto con novas composicións, a banda realizou o seu primeiro concerto en anos. O seu segundo álbum, The Menace, editouse en abril do ano 2000. Despois da edición dun sinxelo de despedida, "The Bitch Don't Work", no 2001, a banda anunciou a súa amigable disolución.

DiscografíaEditar

Álbums de estudioEditar

Recompilatorios e EPsEditar