Superfuzz Bigmuff
Superfuzz Bigmuff | |||||
---|---|---|---|---|---|
EP de Mudhoney | |||||
Data de edición: | outubro de 1988 | ||||
Lanzamento: | |||||
Datas de gravación: | 1988 | ||||
Estudio(s) de gravación: | Reciprocal Recording en Seattle, Washington | ||||
Duración: | 22:25 | ||||
Xénero musical: | grunge | ||||
Selo discográfico: | Sub Pop | ||||
Producido por: | Jack Endino | ||||
Cronoloxía | |||||
|
Superfuzz Bigmuff é un EP da banda estadounidense de grunge Mudhoney, editado en outubro de 1988 polo selo Sub Pop Records. As súas cancións apareceron posteriormente no recompilatorio de 1990 Superfuzz Bigmuff Plus Early Singles. O álbum foi chamado así por dous dos pedais preferidos da banda, o Univox Super Fuzz e o Electro-Harmonix Big Muff, os cales axudaron a definir o seu característico son sucio.
Durante a edición inicial o EP vendeuse moi mal (para os estándares da Sub Pop), porén, foi recoñecido coma unha das gravacións seminais da escena de Seattle. A mediados do 2008 o EP acadou o posto 25 na lista inglesa Indie Album Chart, vinte anos despois do seu lanzamento.
Listaxe de canciónsEditar
- "Need" - 2:57
- "Chain That Door" – 1:51
- "Mudride" – 5:43
- "No One Has" – 3:26
- "If I Think" – 3:37
- "In 'N' Out of Grace" – 5:28