Supercopa de España de voleibol feminino

A Supercopa de España de Voleibol Feminino é unha competición de voleibol que se celebra anualmente no estado español na que se enfrontan os campións de Liga e Copa da tempada anterior. Dende o 2004 ata o 2009 participaron tamén os segundos clasificados, enfrontándose en dobre xornada de semifinais e final, volvendo no 2010 ao formato de dous equipos. A competición comezou no ano 2002, e as catro primeiras edicións foron gañadas polo Club Voleibol Tenerife, que ademais é o club máis laureado da competición con cinco títulos, dous máis que o C.A.V. Murcia 2005, que é o segundo equipo máis laureado e o único que gañou esta competición ademais do equipo canario.

Palmarés

editar
Ano Localidade Campión Federación Subcampión Federación
2002 Miranda de Ebro Tenerife Marichal   Canarias Universidad de Burgos   Castela e León
2003 Soria Tenerife Marichal   Canarias Caja de Ávila C.S.C.   Castela e León
2004 Las Palmas Tenerife Marichal   Canarias Hotel Cantur Costa Mogán Las Palmas   Canarias
2005 Tenerife Tenerife Marichal   Canarias Hotel Cantur Las Palmas   Canarias
2006 Miranda de Ebro C.A.V. Murcia 2005   Rexión de Murcia Universidad de Burgos   Castela e León
2007 Benidorm C.A.V. Murcia 2005   Rexión de Murcia Spar Tenerife Marichal   Canarias
2008 Tenerife Tubillete.com Tenerife Marichal   Canarias Palma Volley   Illas Baleares
2009 Murcia C.A.V. Murcia 2005   Rexión de Murcia Valeriano Allés Menorca Volei   Illas Baleares

Equipos máis laureados

editar
Club Federación Campionatos Subcampionatos
Tenerife Marichal   Canarias 5 1
C.A.V. Murcia 2005   Rexión de Murcia 3 0
Universidad de Burgos   Castela e León 0 2
Las Palmas Cantur   Canarias 0 2
Jamper Aguere   Canarias 0 1
Menorca Volei   Illas Baleares 0 1
Palma Volley   Illas Baleares 0 1
Ávila Voley   Castela e León 0 1

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar