Club Atlético Voleibol Murcia 2005

O Club Atlético Voleibol Murcia 2005 é un equipo de voleibol da cidade de Murcia (España) que compite baixo o patrocinio e a denominación de Grupo 2002 Murcia.

Historia editar

O club naceu no verán do 2005 adquirindo a praza na liga FEV do Gioseppo de Elx mais conseguiu praza diréctamente na Superliga pola renuncia do ascendido Compañía de María de Sevilla.

No 2006 participou por primeira vez nunha competición continental, a Top Teams Cup, realizando sonoras fichaxes millonarias no mercado internacional. En setembro dese ano logrou en Miranda de Ebro o seu primeiro título oficial, a Supercopa de España, e en febreiro conseguiu impoñerse ao club máis laureado do estado español, o Spar Tenerife Marichal antes de acadar en San Sebastián de los Reyes a súa primeira Copa da Raíña. O 11 de marzo de 2007 conseguiu tamén a Top Teams Cup, o seu primeiro título europeo tras vencer ao CSKA Moscova.

O seu presidente e mecenas é o empresario de Barinas Evedasto Lifante, que coa súa firma de moda EVE é tamén o patrocinador principal da Superliga na tempada 2006-07.

No 2006 foi organizador da Copa da Raíña.

Palmarés editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar