Supaṇṇa saṃyutta

Sección do canon pali

O Supaṇṇa saṃyutta ou Discursos sobre os garuḍas é un texto budista do canon pali. Trátase do trixésimo saṃyutta do Saṃyutta nikāya, e forma parte do Khandha vagga. O seu contido refírese aos garuḍas, unhas deidades con forma de paxaro da mitoloxía budista.[1][2][3]

Supaṇṇa saṃyutta
LinguaPali
ColecciónCanon pali
Tema(s)Budismo
Precedido porNāga saṃyutta (Discursos sobre os nāgas)
Seguido porGandhabbakāya saṃyutta (Discursos sobre os gandhabbas)
editar datos en Wikidata ]
Estatua camboxana dun garuḍa de estilo Koh Ker (século X)
Estatua camboxana dun garuḍa de estilo Koh Ker (século X)

Estrutura editar

Situación no canon pali editar

O Supaṇṇa saṃyutta forma parte do Khandha vagga, a terceira sección do Saṃyutta nikāya ou Volume dos discursos ligados.[4] Este, á súa vez, é o terceiro dos cinco nikāyas do Sutta piṭaka ("Cesto dos suttas"), o segundo conxunto de textos do canon pali.[4]

En concreto, o Supaṇṇa saṃyutta atópase entre o Nāga saṃyutta (Discursos sobre os nāgas) e o Gandhabbakāya saṃyutta (Discursos sobre os gandhabbas).[4]

Composición editar

O libro está composto dun total de corenta e seis suttas.[3] Os suttas do 4 ao 6, do 7 ao 17 e do 17 ao 46 están abreviados nun único discurso.[3] Os seus títulos son os seguintes:[3]

Numeración Título
1 Suddhika sutta
2 Haranti sutta
3 Dvayakārī sutta
4-6 Dutiyādidvayakārīsuttattika
7-16 Aṇḍajadānūpakārasuttadasaka
17-46 Jalābujadānūpakārasuttattiṃsaka

Contidos editar

Resumo editar

O Supaṇṇa saṃyutta ofrece unha descrición da natureza dos garuḍas, un tipo de deidade aviaria da mitoloxía budista.[5] Na obra, o Buda explica o nacemento destas criaturas e a súa xerarquía, así como as razóns polas que un pode reencarnarse nelas.[3]

Nacemento dos garuḍas editar

Segundo o texto, os garuḍas nacen de catro maneiras posibles: a partir de ovos, dun útero, da humidade, ou por xeración espontánea.[6]

Notas editar

  1. "Supaṇṇasaṃyuttaṃ - Khandhavagga - Saṃyutta - Sutta - Tipiṭaka (Mūla) - Pāḷi Tipiṭaka (Pali Tipitaka)". tipitaka.online-dhamma.net. Consultado o 2024-02-19. 
  2. "Samyutta Nikaya - Tibetan Buddhist Encyclopedia". tibetanbuddhistencyclopedia.com. Consultado o 2024-02-19. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Index to SN 3.30: The Supanna Samyutta Suttas". obo.genaud.net. Consultado o 2024-02-19. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Index of the Vaggas and Their Samyuttas of the Samyutta Nikaya". obo.genaud.net. Consultado o 2024-02-19. 
  5. "Supaṇṇa saṁyutta". SuttaCentral (en inglés). Consultado o 2024-02-19. 
  6. "Saṁyutta nikāya, 30.1". SuttaCentral (en inglés). Consultado o 2024-02-19. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar