Gandhabbakāya saṃyutta
O Gandhabbakāya saṃyutta ou Discursos sobre os gandhabbas é un texto budista do canon pali. Trátase do trixésimo primeiro saṃyutta do Saṃyutta nikāya, e forma parte do Khandha vagga. O seu contido refírese aos gandhabbas, unhas deidades da mitoloxía budista.[1][2][3]
Gandhabbakāya saṃyutta | |
---|---|
Lingua | Pali |
Colección | Canon pali |
Precedido por | Supaṇṇa saṃyutta (Discurso sobre os garuḍas) |
Seguido por | Valāhaka saṃyutta (Discurso sobre as deidades das nubes) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Estrutura
editarSituación no canon pali
editarO Gandhabbakāya saṃyutta forma parte do Khandha vagga, a terceira sección do Saṃyutta nikāya ou Volume dos discursos ligados.[4] Este, á súa vez, é o terceiro dos cinco nikāyas do Sutta piṭaka (Cesto dos suttas), o segundo conxunto de textos do canon pali.[4]
En concreto, o Gandhabbakāya saṃyutta atópase entre o Supaṇṇa saṃyutta (Discursos sobre os garuḍas) e o Valāhaka saṃyutta (Discursos sobre as deidades das nubes).[4]
Composición
editarO libro está composto dun total de 112 suttas.[5] Os suttas do 4 ao 12, do 13 ao 22 e do 23 ao 112 forman están abreviados nun único discurso.[5]
Numeración | Título |
---|---|
1 | Suddhika sutta |
2 | Sucarita sutta |
3 | Mūlagandhadātā sutta |
4-12 | Sāragandhādidātāsuttanavaka |
13-22 | Mūlagandhadānūpakārasuttadasaka |
23-112 | Sāragandhādidānūpakārasuttanavutika |
Contidos
editarO Gandhabbakāya saṃyutta ofrece unha descrición da natureza dos gandhabbas, un tipo de deidades menores da mitoloxía budista, asociados coa música, as plantas e os recendos.[5][6] Na obra, o Buda explica o nacemento destas criaturas e o seu modo de vida, así como as razóns polas que un pode reencarnarse nelas.[5][6] Segundo o texto, os gandhabbas son deuses que viven entre árbores fragrantes, nas súas raíces, nas súas cascas, nas súas follas, ou incluso nos seus froitos.[7]
Notas
editar- ↑ "Gandhabbakāyasaṃyuttaṃ - Khandhavagga - Saṃyutta - Sutta - Tipiṭaka (Mūla) - Pāḷi Tipiṭaka (Pali Tipitaka)". tipitaka.online-dhamma.net. Consultado o 2024-02-19.
- ↑ "Samyutta Nikaya - Tibetan Buddhist Encyclopedia". tibetanbuddhistencyclopedia.com. Consultado o 2024-02-19.
- ↑ "Index to SN 3.31: The Gandhabbakaya Samyutta Suttas". obo.genaud.net. Consultado o 2024-02-19.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Index of the Vaggas and Their Samyuttas of the Samyutta Nikaya". obo.genaud.net. Consultado o 2024-02-19.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 "Index to SN 3.31: The Gandhabbakaya Samyutta Suttas". obo.genaud.net. Consultado o 2024-02-19.
- ↑ 6,0 6,1 "Gandhabbakāya saṃyutta". SuttaCentral (en inglés). Consultado o 2024-02-19.
- ↑ "Saṃyutta nikāya, 31.1". SuttaCentral (en inglés). Consultado o 2024-02-19.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Gandhabbakāya saṃyutta (Sutta Central)