Reencarnación

Ilustración da reencarnación na arte hindú.
No xainismo, a alma viaxa a calquera dos catro estados da existencia após a morte dependendo do karma.

A reencarnación[1] é a crenza filosófica ou relixiosa de que a esencia non física dun ser vivente comeza unha nova vida nunha forma física ou corpo diferente após a morte biolóxica. Tamén é chamada renacemento ou transmigración.[2][3]

A reencarnación é tema central nas relixións indias, principalmente no xainismo, no budismo, no sikhismo e no hinduísmo, malia que hai grupos hindús que non cren na reencarnación mais si cren na ourta vida.[3][4][5][6] É unha crenza esotérica en moitas correntes do xudaísmo ortodoxo e tamén está presente (en formas diferentes) nas crenzas dos indíxenas de América do Norte[7] e nalgúns grupos aborixes australianos (aínda que a maioría cre na outra vida ou no mundo dos espíritos).[8] A crenza no renacemento/metempsicose foi recollida por figuras históricas gregas como Pitágoras, Sócrates e Platón.[9] Tamén é unha crenza común en varias relixións modernas. Malia que a maioría das denominacións dentro do cristianismo e do islam non cren que os indiviudos se reencarnen, existen grupos particulares dentro desas relixións que si se refiren á reencarnación; estes grupos inclúen os principais seguidores históricos e contemporáneos do catarismo, o alauísmo, o drusismo,[10] e o rosacrucianismo.[11] As relacións históricas entre estes grupos e as crenzas sobre a foron características do neoplatonismo, o orfismo, o hermetismo, o maniqueísmo e o gnosticismo da era romana, así como nas relixións indias que foron obxecto de investigacións académicas recentes.[12] Nas décadas recentes, moitos europeos e norteamericanos desenvolveron un interese na reencarnación,[13] e moitas obras contemporáneas menciónana.

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para reencarnación.
  2. Norman C. McClelland 2010, pp. 24–29, 171.
  3. 3,0 3,1 Mark Juergensmeyer & Wade Clark Roof 2011, pp. 271–272.
  4. Stephen J. Laumakis 2008, pp. 90–99.
  5. Rita M. Gross (1993). Buddhism After Patriarchy: A Feminist History, Analysis, and Reconstruction of Buddhism. State University of New York Press. pp. 148. ISBN 978-1-4384-0513-1. 
  6. Flood, Gavin D. (1996), An Introduction to Hinduism, Cambridge University Press
  7. Gananath Obeyesekere, Imagining Karma: Ethical Transformation in Amerindian, Buddhist, and Greek Rebirth. University of California Press, 2002, páxina 15.
  8. Crawley
  9. Véxase Charles Taliaferro, Paul Draper, Philip L. Quinn, A Companion to Philosophy of Religion. John Wiley and Sons, 2010, page 640, Google Books
  10. Hitti, Philip K (2007) [1924]. Origins of the Druze People and Religion, with Extracts from their Sacred Writings (New Edition). Columbia University Oriental Studies. 28. Londres: Saqi. pp. 13–14. ISBN 0-86356-690-1
  11. Heindel, Max (1985) [1939, 1908] The Rosicrucian Christianity Lectures (Collected Works): The Riddle of Life and Death. Oceanside, California. 4th edition. ISBN 0-911274-84-7
  12. An important recent work discussing the mutual influence of ancient Greek and Indian philosophy regarding these matters is The Shape of Ancient Thought de Thomas McEvilley
  13. "Popular psychology, belief in life after death and reincarnation in the Nordic countries, Western and Eastern Europe" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2009. Consultado o 25 de abril de 2007.  (54.8 KB)

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar