Sully (filme)

filme de 2016 dirixido por Clint Eastwood

Sully (tamén coñecido como Sully: Miracle on the Hudson)[6] é un filme estadounidense de 2016 dirixido por Clint Eastwood e escrito por Todd Komarnicki, baseado na autobiografía Highest Duty de Chesley "Sully" Sullenberger e Jeffrey Zaslow. Tom Hanks interpreta a Sullenberger, xunto con Aaron Eckhart, Laura Linney, Anna Gunn, Autumn Reeser, Holt McCallany, Jamey Sheridan e Jerry Ferrara nos papeis secundarios. O filme conta a historia real da aterraxe de emerxencia que realizou Sullenberger en xaneiro de 2009 sobre o río Hudson, na cal os 155 pasaxeiros e os membros da tripulación sobreviviron só con feridas leves.

Sully
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalSully
DirectorClint Eastwood
Produtor
GuiónTodd Komarnicki
Baseado enHighest Duty de Chesley "Sully" Sullenberger e Jeffrey Zaslow
Intérpretes
Música
FotografíaTom Stern
MontaxeBlu Murray
Estudio
DistribuidoraWarner Bros. Pictures
EstreaTelluride: 2 de setembro de 2021
9 de setembro de 2021
Galicia 8 de xullo de 2020 (TVG)
Duración96 minutos[1][2]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama e biográfico
Orzamento60 millóns de dólares[3][4]
Recadación240,8 millóns de dólares[5]
Na rede
https://www.warnerbros.com/movies/sully
IMDB: tt3263904 Filmaffinity: 650789 Allocine: 238330 Rottentomatoes: m/sully Mojo: sully Allmovie: v640389 TCM: 2082228 Metacritic: movie/sully TV.com: movies/sully
Facebook: SullyMovie Twitter: SullyMovie Instagram: sullymovie Netlix: 80103102Editar o valor em Wikidata

Sully estreouse no Festival de Cinema de Telluride o 2 de setembro de 2016, e estreouse nos cinemas dos Estados Unidos a través de Warner Bros. o 9 de setembro de 2016.[2] O filme recibiu valoracións positivas por parte da crítica e recadou máis de 240 millóns de dólares en todo o mundo, mais xerou controversia pola súa representación ficticia do National Transportation Safety Board (NTSB). O American Film Institute e National Board of Review escollérono como un dos seus mellores dez filmes de 2016,[7] e recibiu un nomeamento ós Premios Óscar á mellor edición de son na 89ª edición dos galardóns.

Estreouse en galego o 8 de xullo de 2020 na TVG.[8] O director de dobraxe foi Celestino Hermida.

Personaxes editar

Voz da dobraxe galega de Andrés Bellas.
Voz da dobraxe galega de Tacho González.

Notas editar

  1. "Sully (12A)". British Board of Film Classification. 5 de setembro de 2016. Consultado o 5 de setembro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 "Sully | Nearby Showtimes, Movie Tickets". IMAX. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2017. Consultado o 26 de novembro de 2016. 
  3. D'Alessandro, Anthony (7 de setembro de 2016). "Clint Eastwood's 'Sully' Launches Fall Awards Season, But Can 'Bough' Break At No. 1? – B.O. Preview". Deadline Hollywood. Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2016. Consultado o 8 de setembro de 2016. 
  4. Faughnder, Ryan (6 de setembro de 2016). "'Sully' and 'When the Bough Breaks' to choke 'Don't Breathe' at the box office". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2016. Consultado o 8 de setembro de 2016. 
  5. "Sully (2016)". Box Office Mojo. Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2018. Consultado o 20 de xaneiro de 2018. 
  6. "Sully: Miracle on the Hudson (2016 Sully Movie) - Warner Bros. UK". Warnerbros.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2017. Consultado o 25 de decembro de 2016. 
  7. Hipes, Patrick (8 de decembro de 2016). "AFI Awards: Best Of 2016 List Includes 'Silence', 'Hacksaw Ridge' & More". Deadline Hollywood. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2016. Consultado o 8 de decembro de 2016. 
  8. "Sully na TVG". TVG. 8 de xullo de 2020. Consultado o 10 de maio de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar