Abrir o menú principal

Sufjan Stevens

autor, compositor e cantante estadounidense

Sufjan Stevens, nado en Detroit, Míchigan o 1 de xullo de 1975, é un cantautor e compositor estadounidense. O seu primeiro álbum A Sun Came foi lanzado en 1999 baixo o selo Asthmatic Kitty, que cofundou co seu padrastro. Recibiu un amplo recoñecemento polo seu álbum de 2005 Illinois, que acadou o número un na lista Top Heatseekers de Billboard, e polo sinxelo "Chicago" do propio álbum. Tamén conseguiu un nomeamento na 90ª edición dos Oscar á mellor canción orixinal por "Mystery of Love" do filme Call Me by Your Name.

Sufjan Stevens
Sufjan Stevens performing at Pitchfork, 2016.jpg
Stevens no Festival de Pitchfork, en xullo de 2016.
Nacemento1 de xullo de 1975 (44 anos)
OrixeDetroit, Míchigan,, Estados Unidos de América Estados Unidos
OcupaciónCantante e músico
Xénero
Instrumento(s)
Selo(s) discográfico(s)
Tempo en activo1995–presente
Na rede
music.sufjan.com
editar datos en Wikidata ]

Stevens lanzou álbums de diversos estilos, dende a electrónica de Enjoy Your Rabbit e lo-fi folk de Seven Swans até a instrumentación sinfónica de Illinois e a temática de Nadal de Songs for Christmas. Stevens é multinstrumentista, e a miúdo toca varios deles na mesma gravación,[1] e escribe música en varios tempos musicais. Malia que as súas canción incorporan temática cristiá, declarou en numerosas ocasións o seu intento de separar as súas crenzas da súa música.[2][3][4]

Índice

DiscografíaEditar

NotasEditar

  1. Peschek, David (25 de xuño de 2004). "Sufjan Stevens, Michigan". The Guardian (Londres). Consultado o 2 de maio de 2008. 
  2. "Comes With A Smile – Number 15 – Summer 2004". All Good Naysayers, Speak up!. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2011. Consultado o 16 de xuño de 2007. 
  3. Sylvester, Nick (8 de agosto de 2005). "Without a Prayer". The Village Voice. Consultado o 27 de agosto de 2006. 
  4. Heng Hartse, Joel (1 de abril de 2015). "How Not to Listen to the New Sufjan Stevens Album". Christianity Today. Consultado o 2 de abril de 2015. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar