The Village Voice

xornal estadounidense

The Village Voice é un periódico estadounidense coñecido por ser o primeiro semanario do país. Fundado en 1955 por Dan Wolf, Ed Fancher e Norman Mailer, Voice comezou como unha plataforma para a comunidade creativa da cidade de Nova York. Dende a súa fundación, The Village Voice recibiu tres Premios Pulitzer, o Premio National Press Foundation e o Premio George Polk. The Village Voice contou cunha gran variedade de escritores e artistas, incluíndo o escritor Ezra Pound, a debuxante Lynda Barry e os críticos de arte Robert Christgau, Andrew Sarris e J. Hoberman. Dende que cesou a súa publicación impresa en 2017, Voice fai publicacións diarias a través da súa páxina web.

The Village Voice

Editar o valor en Wikidata
Fundación1955
EditorialVoice Media Group
Lingualingua inglesa
LocalidadeNova York
ISSN0042-6180
Na rede
http://www.villagevoice.com/
Facebook: villagevoice Twitter: villagevoice Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

En outubro de 2015, The Village Voice cambiou de dono e cortou tódalas ligazóns coa compañía Voice Media Group (VMG).[1] The Voice anuncou o 22 de agosto de 2017 que deixaría de publicar impreso e comezarían a publicar completamente en Internet.[2] A derradeira edición impresa, que tiña unha foto de 1965 de Bob Dylan na portada, foi distribuída o 21 de setembro de 2017.[3]

  1. Joe Pompeo, "Village Voice sold to new owner,"
  2. John LeLand and Sarah Maslin Nir, "After 62 Years and Many Battles, Village Voice Will End Print Publication,"
  3. Helmore, Edward (21 de setembro de 2017). "The Village Voice prints its final edition – with Bob Dylan on the cover". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2017. Consultado o 21 de setembro de 2017. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar