Abrir o menú principal
Sudario de Carlomagno, ano 814

Un sudario é unha peza de roupa funeraria que serve para cubrir o cadáver.[1]

HistoriaEditar

Segue a usarse no mundo musulmám e xudeu, onde soterran os cadáveres envoltos en varias teas na fosa, mentres que no mundo cristián perdeuse o seu uso na Idade Moderna. No antigo Exipto o deus Ptah era representado coma un home con sudario e na Odisea Penélope tece un sudario polo día e destteceo pola noite para manter a raia aos seus pretendentes cos que xurou casarse ao rematar de coser.

A súa tea adoita ser de liño ou algodón, branco, aínda que no pasado e para certas autoridades existiron sudarios luxosos e de importación. Os sudarios adoitaban ser dunha ou varias pezas, podendo usarse un para o corpo e outro para a face [2].

Existe constancia do uso do sudario en Europa coa expansión do cristianismo, xa que se cita na Biblia, e chegou a ser unha reliquia moi apreciada e mesmo se usou nos autos sacramentais de Pascua un pano no que pintaban a figura do crucificado. Suponse que esa é a orixe do sudario de Turín e do sudario de Oviedo, cuxa análise de C14 o datou no século VIII. Desta mesma época son as tumbas antropomorfas escavadas en rocha —como as de San Pedro de Rocas ou San Vítor de Barxacova—, onde os mortos debían ir vestidos cun sudario debido ao estreito do espazo.

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sudario.
  2. Bernadette Schnitzler, Anne-Marie Adam, Rites de la mort en Alsace, Musées de la Ville de Strasbourg, 2008, p. 216