Stephen P. Hubbell

ecoloxista estadounidense

Stephen P. Hubbell, nado en Gainesville (Florida) o 17 de febreiro de 1942 é un ecoloxista estadounidense da Facultade da Universidade de California. É autor da Teoría neutral unificada da biodiversidade e a bioxeografía (abreviada habitualmente como UNTB), e a cal intenta explicar a diversidade e a abundancia relativa das especies nas comunidades ecolóxicas.

Infotaula de personaStephen P. Hubbell
Biografía
Nacemento17 de febreiro de 1942
Gainesville, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstadounidense
EducaciónCarleton College (pt) Traducir - grao en Artes
Universidade de California en Berkeley - Doutor en filosofía Editar o valor em Wikidata
Coñecido porFundamentar a Teoría neutral unificada da biodiversidade e a bioxeografía.
Actividade
Campo de traballoBioloxía, Ecoloxía
Ocupaciónecoloxista , silvicultor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Princeton, catedrático (1988–1999)
Universidade de Princeton (1982–1985)
Universidade de Míchigan, professor associado (pt) Traducir (1974–1975)
Instituto Smithsoniano
Smithsonian Tropical Research Institute (en) Traducir
Universidade da Geórgia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Premios

O Doutor Hubbell tamén é membro honoriario o Smithsonian Tropical Research Institute de Balboa, Panamá. É tamén recoñecido polos seus estudos en bosques tropicais. No 1980 el e Robin Foster no Museo do Campo en Chicago comezaron cos primeiros estudos de dinámica de bosques en 50 hectáreas na Illa de Barro Colorado de Panamá. Os gráficos obtidos nese estudo convertéronse nas referencias protocolarias dunha rede global de gráficos de dinámica forestal de longa permanencia, todas con medidas idénticas nos seguintes procedementos de protocolo. Esta rede global agora acada máis de 40 gráficos en 22 países tropicais e eses gráficos conteñen máis de 8000 especies forestais e 6 millóns de individuos etiquetados, mapeados e monitorizados a longo termo para comprobar o seu crecemento, supervivencia e reconto.

O centro para a Ciencia dos bosques Tropicais coordina a busca e mostra en todo o globo por medio do Smithsonian Tropical Research Institute. Dende o 2008 o programa expandiuse cara a zona temperada e agora coñécese como o Smithsonian Institution Global Earth Observatory ou SIGEO.

No 1988, mentres exercía de profesor na Universidade de Princeton, fundou o Comité para os Institutos Ambientais (CNIE), unha organización en Washington, D.C. sen ánimo de lucro e en coordinación con Pew Charitable Trusts. O obxectivo do CNIE era promover a creación do Instituto Nacional de Saúde. Despois dunha ducia de anos, a organización converteuse no Concello Nacional para a Ciencia e o Medio Ambiente, que tiña por misión «mellorar as bases das toma de decisións nas ciencias ambientais».

Obtivo o seu doutorando en zooloxía na Universidade de California, Berkeley, no 1969. Como profesor na Universidade de Míchigan, ensinou nos cursos de graos da Organización de Estudos Tropicais en Costa Rica. Mais adiante, na Universidade de Princeton, como profesor de Ecoloxía e Bioloxía Evolutiva, continuou cos estudos da bioloxía de poboación en árbores tropicais.

No 2003, o Doutor Hubbell obtivo a distinción de profesor de investigación do Departamento de Bioloxía de Plantas na Universidade de Xeorxia.[1]

No Pew Institute for Ocean Science, Hubbell iniciou o establecemento do Consello Nacional para Ciencia e Medio Ambiente ([National Council for Science and the Environment, NCSE), que traballa cos partidos políticos para crear e usar o coñecemento ambiental para a toma de decisións.

O Doutor Hubbell está casado coa ecoloxista evolutiva Patricia Adair Gowaty, quen é tamén profesora honoraria da Universidade de California.

Estudos e recoñecementos editar

Publicacións editar

Notas editar

  1. "Recognizing Excellence in Research and Creative Activity: Stephen P. Hubbell". Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2006. Consultado o 17 de maio de 2013. 
  2. "Pew Institute for Ocean Science, Pew Fellows Program in Marine Conservation". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2006. Consultado o 17 de maio de 2013. 
  3. "William S. Cooper Award" (PDF). Bulletin of the Ecological Society of America, October 2006, p 257. Consultado o 2011-11-09. 
  4. "Eminent Ecologist Award" (PDF). Bulletin of the Ecological Society of America, October 2009, p 329. Consultado o 2011-11-09. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar