O steampunk é un subxénero da ficción científica, froito dun século XIX imaxinario e anacrónico, que comezou a ter auxe entre as décadas de 1980 e 1990. O termo "steam" significa vapor en lingua inglesa, xa que este movemento baséase nun futuro alternativo no que se desenvolve a mecánica e a enerxía do vapor en troques da electrónica, facendo fincapé na estética das sociedades burguesas de finais do século XIX e no estilo vitoriano.

Características editar

 

Os seus mundos están ambientados nunha época onde aínda se empregaba amplamente a enerxía do vapor —usualmente no século XIX e decote na Inglaterra vitoriana—, pero con elementos que proveñen da ciencia ficción ou da fantasía, inventos tecnolóxicos ficticios coma os das obras de H.G. Wells ou desenvolvementos tecnolóxicos reais coma os computadores. O subxénero é asociado decote co cyberpunk, co que comparte unhas bases semellantes de fans e temática de rebelión, pero coma movemento separado.

Outros exemplos de steampunk conteñen presentacións de historias cunha fasquía tipo "o que acontecería se" certa tecnoloxía fose desenvolta naquela época até as súas derradeiras consecuencias, coma os dirixíbeis, os computadores analóxicos ou os de mecánica dixital (coma a máquina analítica de Charles Babbage).

Obras literarias editar

Outras obras editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar