Abrir o menú principal

Coordenadas: 50°23′N 5°56′L / 50.383, -5.933

Stavelot
Flag of Stavelot.svg
Blason commune de Stavelot (Belgique).svg
Stavelot JPG01.jpg
Praza de San Remacle
Localización
Stavelot en Bélxica
Stavelot
Stavelot
PaísBélxica Bélxica
RexiónValonia
ProvinciaLiexa
DistritoVerviers
Xeografía
Superficie85´07 km² km²
Demografía
Poboación6.895 hab.(2013)
Densidade81 hab/km²
XentilicioStavelotain(e)
Outros datos
Código postal4970
AlcaldeThierry de Bournonville
www.stavelot.be

Stavelot é un municipio de Valonia que se atopa na provincia belga de Liexa. O 1 de xaneiro de 2013, Stavelot tiña unha poboación total de 6.895. A superficie total é de 85´07 km², cunha densidade de poboación de 81 habitantes por km².

HistoriaEditar

Artigo principal: Principado de Stavelot-Malmedy.
 
A cidade e a abadía de Stavelot, c. 1735
 
Stavelot Abbey, Bélxica (antes abadía de St. Remacle)

A cidade creceu ao redor da Abadía de Stavelot, fundada aproximadamente no ano 650, fundada por San Remaclo (Saint Remacle). As terras da vila ocuparon a zona fronteiriza entre os bispados de Colonia e Tongeren. A Abadía de Stavelot foi secularizada e demolida durante a Revolución Francesa, da igrexa só queda a porta do extremo oeste como unha torre independente. Dous claustros un laico e un monacal, sobreviven como patios de tixolo e pedra do século XVII, que agora albergan o Museo do Principado de Stavelot-Malmedy e o museo dedicado ao poeta Guillaume Apollinaire, que foi un residente da vila, a vila tamén alberga o circuíto de Spa-Francorchamps. Quedan restos dos cimentos da igrexa da abadía, con paredes e bases de columnas que permiten ao visitante visualizar a magnitude da abadía románica.

Stavelot foi a sede do Principado de Stavelot-Malmedy, unha pequena rexión independente do Sacro Imperio Romano, rexido polos abades de Stavelot. O principado disolveuse en 1795 durante a Revolución francesa. No Congreso de Viena en 1815, Stavelot foi agregado ao Reino dos Países Baixos, mentres que Malmedy engadiuse á Renania Prusiana. En 1830 pasou a formar parte de Bélxica. (Malmedy tamén converteriase en parte de Bélxica, pero non ata 1919.)

O abade Wibaldo (gobernou entre 1130 e 1158) foi un dos grandes mecenas das artes no século XII, o Tríptico de Stavelot de cobre dourado e esmaltes, que contiña dous fragmentos da Vera Cruz, foi creado na Abadía durante o seu goberno (sobre 1156). A Biblia de Stavelot, e os fragmentos do retablo de Stavelot son tamén cumes da arte medieval.

O escudo de armas da cidade, concedido en 1819, esta dividido en dúas faixas unha coa imaxe do sabio bispo fundador de Stavelot, e outra co lobo que segundo a lenda fundacional de Stavelot levou os tixolos para a construción da Abadía.[1]

Durante a Batalla das Ardenas durante a Segunda Guerra Mundial, a cidade foi escenario de intensos combates. Do 18 ao 20 de decembro de 1944, soldados pertencentes ao grupo de combate de Kampfgruppe Peiper do Sexto Exército Panzer asasinaron en Stavelot e a súa contorna a máis de 100 civís, entre eles mulleres e nenos. Peiper e algúns dos seus oficiais foron xulgados e condenados logo da guerra por estes crimes de guerra xunto con outros perpetrados durante o mesmo período.

MisceláneaEditar

Stavelot é parte do percorrido orixinal do Circuíto de Spa-Francorchamps, a famosa sede do Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1 e a carreira de resistencia das 24 Horas de Spa.

Stavelot tamén ten un carnaval tradicional, o Laetare des Blancs-Moussis. No domingo Laetare, o cuarto domingo da Coresma, uns 200 homes da localidade vestidos de branco e enmascarados con longos narices vermellos, os Blancs-Moussis, desfilan pola cidade lanzando confeti e golpeando aos transeúntes con vexigas de porco desecadas.

Tamén foi o lugar onde, no século XVI, o monxe Jean Delvaux afirmou ver bruxas e rituais demoníacos, e acusou a varios membros da igrexa de participar nestes rituais.

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. Coat of arms of Stavelot on Heraldry of the World