Estadio Municipal de Wrocław

(Redirección desde «Stadion Miejski, Wrocław»)

Coordenadas: 51°08′30″N 16°56′39″L / 51.141797, 16.944094

O Estadio Municipal de Wrocław (en polaco: Stadion Miejski we Wrocławiu) é un estadio de fútbol situado na cidade de Wrocław, ao oeste de Polonia. É o estadio que usa como local o Śląsk Wrocław. Comezado a construír en 2009 e inaugurado dous anos despois, conta con capacidade para 42.771 espectadores. O exterior do estadio está cuberto por unha malla de fibra de vidro revestida de teflón sustentadas por aneis de aceiro. As cores da fachada poden ser alterados con sistema de alumeamento.

Stadion Miejski we Wrocławiu
Polonia Estadio Municipal de Wrocław
Datos
LocalizaciónWrocław, Polonia
Construción
Inauguración10 de setembro de 2011
ArquitectoJSK Architekci
Custo729,7 millóns de złoty
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105 x 68
Capacidade42.771
PropietarioCidade de Wrocław
LocalíaŚląsk Wrocław
Eventos

Historia editar

Foi inaugurado en 10 de setembro de 2011 coa loita polo título mundial de boxeo dos pesos pesados (Consello Mundial de Boxeo, WBC) entre Vitali Klitschko e Tomasz Adamek. O primeiro encontro de fútbol foi un mes despois, o 10 de outubro entre Śląsk Wrocław e o Lechia Gdańsk. O partido terminou con vitoria para os locais por 1 a 0, sendo o neerlandés Johan Voskamp o primeiro en marcar no novo estadio.

Eurocopa 2012 editar

Partidos editar

O Estadio Municipal de Wrocław albergou durante o campionato tres encontros, todos correspondentes á fase de grupos. Os partidos foron os seguintes:

Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores
8 de xuño Primeira rolda Rusia  
4 - 1
  República Checa
40.803
12 de xuño Primeira rolda Grecia  
1 - 2
  República Checa
41.105
16 de xuño Primeira rolda República Checa  
1 - 0
  Polonia
41.480

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar