Srebrenica (en serbio cirílico: Сребреница) é unha cidade e un concello da parte oriental da República Serbia de Bosnia e Hercegovina. Srebrenica áchase nunha zona montañosa. Actualmente a súa poboación é de arredor de 4.000 habitantes (36.666 en 1991).

Modelo:Xeografía políticaSrebrenica
Imaxe

Localización
Mapa
 44°06′N 19°18′L / 44.1, 19.3Coordenadas: 44°06′N 19°18′L / 44.1, 19.3
EstadoBosnia e Hercegovina
Organização político-administrativa da Bósnia e Herzegovina (pt) TraducirRepública Serbia
Municipality of the Republika Srpska (en) TraducirSrebrenica Municipality (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Xeografía
Superficie527 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude275 m Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Evento clave
18 de abril de 1992Fall of Srebrenica and Žepa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal75430 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico56 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina websrebrenica.gov.ba Editar o valor em Wikidata

Toponimia editar

O nome da cidade (Srebrenica) significa "mina de prata", tradución eslava do seu antigo nome latín Argentaria.

Economía editar

Antes de 1992 funcionaba na cidade unha fábrica metalúrxica, un balneario termal que atraía turistas de toda a antiga Iugoslavia. Nos seus arredores estaban en actividade minas de cinc, chumbo e ouro. Hoxe a principal actividade económica é a extracción de sal xema e mais os establecementos termais.

Guerra iugoslava editar

Cara ao final da guerra en Bosnia-Hercegovina (1992-1995), en xullo de 1995, Srebrenica foi teatro do peor masacre de civís bosníacos por parte das tropas paramilitares serbio-bosníacas de Ratko Mladić, nomeado como o masacre ou o xenocidio de Srebrenica. A pesar disto, o Acordo de Dayton deixou Srebrenica no territorio da Republika Srpska.

O 24 de marzo de 2007, a asemblea municipal de Srebrenica aprobou unha resolución que demandaba a independencia da Republika Srpska. Os membros serbios da asemblea non votaron a resolución.[1]

Demografía editar

No ano 2005 había cerca de 4.000 bosníacos no concello, case un terzo da poboación total.

Concello

Ano de censo total Musulmáns de nacionalidade Serbios Croatas Iugoslavos Outros
1991[1] 36,666 27,572 (75.19%) 8,315 (22.67%) 38 (0.10%) 380 (1.03%) 361 (0.98%)
1981 36,292 24,930 (68.69%) 10,294 (28.36%) 80 (0.22%) 602 (1.65%) 386 (1.06%)
1971 33,357 20,968 (62.85%) 11,918 (35.72%) 109 (0.32%) 121 (0.36%) 241 (0.72%)

Cidade de Srebrenica

Ano de censo total Musulmáns de nacionalidade Serbios Croatas Iugoslavos Outros
1991 5,746 3,673 (63.92%) 1,632 (28.40%) 34 (0.59%) 328 (5.70%) 79 (1.37%)

Comunidades locais editar

O concello (општина ou opština) foi ulteriormente subdividido nas seguintes comunidades locais (мјесне заједнице o mjesne zajednice): [2]

Galería fotográfica editar

Notas editar

  1. "Srebrenica pushes for partition". B92. 25.03.2007. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2012. Consultado o 2007-03-29. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar