Peixes anxo

(Redirección desde «Squatina»)
Escuatiniformes
Squatiniformes
Peixes anxo

Rango fósil: xurásico tardío - actualidade [1]

Peixe anxo (Squatina squatina)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Chondrichthyes
Subclase: Elasmobranchii
Superorde: Selachimorpha
Orde: Squatiniformes
de Buen, 1926
Familia: Squatinidae
Bonaparte, 1838
Xénero: Squatina
A. M. C. Duméril, 1806
Especie tipo
Squalus squatina
Linnaeus, 1758
Especies
  • Véxase texto

Co nome de peixes anxo coñécense as especies dos peixes cartilaxinosos elasmobranquios selaquimorfos pertencentes á orde dos escuatiniformes (Squatiniformes), que foi establecida en 1926 polo ictiólogo e oceanógrafo español Fernando de Buen y Lozano.

A orde consta só dunha familia, a dos escuatínidos (Squatinidae), que ten un só xénero, Squatina,[2] con 23 especies descritas.[3]

Características editar

Os escuatiniformes teñen o corpo aplanado, case tanto como o das raias, con amplas ás pectorais en forma de trapecio ou de triángulo, que non están soldadas á cabeza. As aletas dorsais son pequenas, e non teñen aleta anal. O lóbulo inferior da aleta caudal é máis longo que o superior.[2][4][5]

Presentan cinco fendeduras branquiais a cada lado, que son ventrolaterais. A boca, pequena, é terminal, e está armada de pequenos dentes. Todas as especies son vivíparas. A especie máis grande, Squatina japonica, pode alcanzar até 2 m de lonxitude.[2][5]

Bioloxía editar

 
Squatina californica
 
Squatina australis
 
Squatina squatina no Aquarium Finisterrae da Coruña.

Son ovovivíparos, e poden producir camadas de até 13 crías.[6]

Os peixes anxo aliméntanse dunha ampla variedade de pequenos peixes óseos, crustáceos, cefalópodos, gasterópodos e bivalvos, mediante as súas mandíbulas protráctiles.[7][8]

Son peixes mariños que habitan en augas pouco profundas (porén, hai unha especie que vive até os 1 300 m de profundidade) en fondos de area e grava, aínda que son nadadores activos.[9][10]

Sistemática editar

En Galicia editar

En augas do litoral galego só está citada unha especie, Squatina squatina,[11][12][13] que por iso poderiamos distiguir como peixe anxo propiamente dito, ou peixe anxo común. É pouco abundante, pescándose incidentalmente con artes de arrastre, xa que carece de interese comercial.[11]

Notas editar

  1. Bourdon, J. (2009): "Genera from the Fossil Record: Squatina", en The Life and Times of Long Dead Sharks.
  2. 2,0 2,1 2,2 Squatinidae en FishBase (en inglés)
  3. Squatina en Animal Diversity Web.
  4. Squatina Arquivado 17 de outubro de 2014 en Wayback Machine., en Zipcode (en inglés)
  5. 5,0 5,1 Squatinidae Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Marine Species Identification Portal. (en inglés)
  6. Dulvy, N. K. e J. D. Reynolds (1997): "Evolutionary transitions among egg-laying, live-bearing and maternal inputs in sharks and rays". Proc. R. Soc. Lond., Ser. B: Biol. Sci. 264: 1309-1315.
  7. Compagno, L. J. V. e V. H. Niem (1998): "Squatinidae. Angelsharks, sand devils". pp. 1235-1238, en K. E. Carpenter e V. H. Niem (eds.). FAO Identification Guide for Fishery Purposes. The Living Marine Resources of the Western Central Pacific. Roma: FAO.
  8. Springer, V. e J. P. Gold, (1989): Sharks in question: the Smithsonian answer book Smithsonian Institution. Washington: Smithsonian Institution Press.
  9. Squatinidae, en FishBase (en inglés)
  10. Stevens, J. & Last, P. R. (1998): Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N., en (eds.) Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. pp. 64-65. ISBN 0-12-547665-5.
  11. 11,0 11,1 Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4, p. 47.
  12. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8, pp. 88-89.
  13. Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0, p. 14.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar