Soziedad Alkoholika
(Redirección desde «Soziedad Alkohólika»)
Soziedad Alkoholika, tamén coñecido por S.A., é un grupo de música vasco fundado en Gasteiz. O seu estilo musical é definido normalmente como crossover thrash, unión do thrash metal co hardcore punk, e vén da xeira de grupos vascos que trocaron o seu son punk por unhas composición máis metaleiras. Nas letras das súas cancións adoitan saír críticas a temas como o militarismo, o fascismo, o racismo ou o sexismo.
Soziedad Alkoholika | |
---|---|
Concerto en Bilbao no 2010 | |
Orixe | Vitoria, Euskal Herria |
Período | 1988 – |
Xénero(s) | Crossover thrash, Thrash Metal, Hardcore punk |
Membros | Juan-Voz Jimmy-Guitarra Jabi-Guitarra Pirulo-Baixo Roberto-Batería |
Na rede | |
www.soziedadalkoholika.com | |
Membros
editarActualmente, a banda está formada por:
Discografía
editarAno | Nome | Selo | Formato | Detalles |
---|---|---|---|---|
1990 | Intoxikazión etílika | DDT | Maqueta | En 1995 reeditado por Mil A Gritos. |
1991 | Soziedad Alkoholika | Overdrive | CD/LP | |
1992 | Feliz Falsedad | Overdrive | EP | Dedicado ao "consumo en que vivimos y a la hipocresía que se vive en esas fechas". |
1993 | Y ese que tanto habla... | Oihuka | CD/LP | |
1995 | Ratas | Mil A Gritos Records | CD/LP | Primeiro disco que editaron coa súa propia discográfica, Mil A Gritos Records. |
1996 | Diversiones...? | Mil A Gritos Records | CD/LP | Tódalas cancións son versións doutros grupos. |
1997 | No intente hacer esto en su casa | Mil A Gritos Records | CD/LP | |
1999 | Directo | Mil A Gritos Records | CD | Primeiro disco gravado co guitarrista Jabi. A canción "Ariel ultra" está dedicada a Aitor Zabaleta, asasinado un días antes tras un partido de fútbol entre o Atlético de Madrid e a Real Sociedad de Fútbol en Madrid. Inclúe dous temas inéditos: "Va bien" e "Cervezas y porros". |
2000 | Polvo en los ojos | Mil A Gritos Records | CD | |
2003 | Tiempos oscuros | Locomotive | CD | |
2008 | Mala Sangre | Roadrunner Records | CD | Primeiro disco que editaron coa discográfica Roadrunner Records. |
2009 | Sesión#2 | Roadrunner Records | CD & LP | |
2011 | Cadenas de odio | BOA Music | CD & LP | Publicado o 29 de novembro de 2011. |
2013 | Caucho Ardiendo | Noise | Digital | EP de 4 cancións distribuído en formato dixital. |
Vídeos
editarAno | Nome | Selo | Formato | Outra información |
---|---|---|---|---|
1994 | Kontzertua Gaztetxean | DDT | VHS | Dedicado aos gaztetxes, Gazte asanbladas, fanzines e radios libres. |
2006 | Corrosiva! | Locomotive | DVD/CD | DVD de ouro (50.000 copias vendidas) |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Web oficial do grupo Arquivado 28 de xullo de 2011 en Wayback Machine.
- Web oficial do grupo en myspace