Abrir o menú principal

O Southampton Football Club é un equipo de fútbol profesional da cidade de Southampton, Inglaterra. Xogan actualmente na Premier League inglesa, tras o seu ascenso na tempada 2011-12 coma subcampións do Football League Championship.

Southampton
Red and White Stripes at St Mary's Stadium - geograph.org.uk - 431347.jpg
NomeSouthampton Football Club
Alcume(s)Saints
Fundación21 de novembro de 1885 (133 anos)
EstadioSt Mary's Stadium,
Southampton, Inglaterra
Inauguración1904
Capacidade32.505
PresidenteAlemaña Ralph Krueger
AdestradorFrancia Claude Puel
LigaPremier League
2015–166.º
VestimentaUmbro
Patrocinadoraap3
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra
Terceira

Xogan os seus partidos coma locais no St Mary's Stadium, estadio ó que se trasladaron no ano 2001, tras xogar no The Dell. O equipo ten o alcume de "The Saints" (en galego, "os santos") dende a súa fundación en 1885, debido á súa historia coma equipo de fútbol dunha igrexa, fundado co nome de St Mary's Church of England Young Men's Association (ou St Mary's Y.M.A), e dende entón xogan de vermello e branco. O club mantén unha longa rivalidade co Portsmouth F.C. debido á súa proximidade xeográfica e á historia marítima de ambos os dous clubs. Os partidos entre os dous equipos son coñecidos coma South Coast Derby.

O club gañou unha FA Cup en 1976, e a mellor posición en liga da súa historia é un segundo posto na First Division na tempada 1983-84.[1] O Southampton descendeu da Premier League o 15 de maio de 2005, rematando así cunha xeira de 27 tempadas consecutivas na máxima categoría do fútbol inglés.

Tras tres tempadas xogando no Championship, os Saints descenderon á League One no ano 2009. Tras dous anos xogando na terceira división inglesa, o club ascendeu dous anos consecutivos baixo o mando de Nigel Adkins. Adkins levou ó Southampton ó 15º posto da Premier League, pero en xaneiro de 2013 foi substituído polo antigo adestrador do RCD Espanyol, o arxentino Mauricio Pochettino.

XogadoresEditar

Cadro actualEditar

Cadro actualizado a 17 de xaneiro de 2013.[2]

Posto País Xogador
1 POR   Kelvin Davis
2 DEF   Nathaniel Clyne
3 DEF   Maya Yoshida
4 MED   Morgan Schneiderlin
5 DEF   Jos Hooiveld
6 DEF   José Fonte (C)
7 DIA   Rickie Lambert
8 MED Steven Davis
9 DIA   Jay Rodriguez
10 MED   Gastón Ramírez
12 POR   Paulo Gazzaniga
13 DEF   Danny Fox
15 DEF   Vegard Forren
16 MED   James Ward-Prowse
18 MED   Jack Cork
19 DIA   Tadanari Lee
20 MED   Adam Lallana (C)
Posto País Xogador
21 DIA   Guly do Prado
22 DEF   Frazer Richardson
23 DEF   Luke Shaw
24 DIA   Emmanuel Mayuka
26 DEF   Jack Stephens
27 MED   Richard Chaplow
28 MED   Calum Chambers
30 POR   Cody Cropper
31 POR   Artur Boruc
32 DEF   Danny Butterfield
34 MED   Corby Moore
36 DIA   Jake Sinclair
37 MED   Dominic Gape
38 MED   Andy Robinson
39 MED   Lloyd Isgrove
42 MED   Jason Puncheon

CedidosEditar

Posto País Xogador
11 DIA   Billy Sharp (no Nottingham Forest ata o 30 de xuño de 2013)
14 MED   Dean Hammond (no Brighton & Hove Albion ata o 30 de xuño de 2013)
25 DEF   Danny Seaborne (no Bournemouth ata o 30 de xuño de 2013)
29 MED   Ben Reeves (no Southend United ata o 27 de febreiro de 2013)
33 MED   Steve De Ridder (no Bolton Wanderers ata o 27 de febreiro de 2013)
35 DIA   Sam Hoskins (no Stevenage ata o 30 de xuño de 2013)
DIA   Lee Barnard (no Oldham Athletic ata o 30 de xuño de 2013)
DEF   Ryan Dickson (no Bradford City ata o 30 de xuño de 2013)
POR   Tommy Forecast (no Gillingham ata o 30 de xuño de 2013)
DIA   Jonathan Forte (no Sheffield United ata o 30 de xuño de 2013)

PalmarésEditar

NacionalEditar

LigasEditar

CopasEditar

NotasEditar

  1. Greg Struthers (19 de febreiro de 2006). "Caught in Time: Southampton finish runners-up in the First Division, 1984". The Times (UK). Consultado o 4 de xaneiro de 2009. 
  2. "Team Profiles". Southampton FC. Consultado o 10 de outubro de 2012. 

Véxase taménEditar