Solea
Solea Linguados | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Linguado común (Solea solea) | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||
Solea é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, que é o tipo da familia dos soleidos,[1] propios dos océanos Índico, Pacífico e Atlántico leste, e do mar Mediterráneo, coñecidos como linguados (ou linguados verdadeiros).
Taxonomía
editarO xénero foi creado en 1806 polo naturalista sueco Conrad Quensel.[1]
Sinónimo
editarAdemais de por este nome, coñécese polo sinónimo:[1]
- Microbuglossus Günther, 1862.
Etimoloxía
editarSolea vén do termo latino solea, que era o nome que lle daban os romanos a unha certa especie de linguado, debido ao seu aspecto que recordaba a sola dunha sandalia (en latín clásico, solea, -ae).[2]
Especies
editarNa actualidade recoñécense neste xénero, segundo o WoRMS, as seguintes 10 especies:[1]
- Solea aegyptiaca Chabanaud, 1927 — linguado de Exipto.[3]
- Solea capensis Gilchrist, 1902
- Solea elongata F. Day, 1877
- Solea heinii Steindachner, 1903
- Solea indica Günther, 1862
- Solea ovata J. Richardson, 1846
- Solea senegalensis Kaup, 1858 — linguado do Senegal o linguado branco.[3]
- Solea solea (Linnaeus, 1758) = Solea vulgaris Quensel, 1806 — linguado común
- Solea stanalandi J. E. Randall & McCarthy, 1989
- Solea turbynei Gilchrist, 1904
Porén, algúns autores reducen o número de especies. Por exemplo, a EOL só admite catro: Solea aegyptiaca, S. ovata, S. senegalensis e S. solea.[4] E en FishBase non se admite Solea indica, por ser unha especie dubidosa.[5] E outros, non consideran esta, pero si a Solea fulvomarginata Gilchrist, 1904,[6] que o WoRMS identifica con Barnardichthys fulvomarginata (Gilchrist, 1904).
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Solea Quensel, 1806 no WoRMS.
- ↑ Online Etymology Dictionary.
- ↑ 3,0 3,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 85.
- ↑ Solea Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. na EOL.
- ↑ Froese, Rainer, and Daniel Pauly, eds. (2012): Especies de Solea en FishBase
- ↑ Solea Quensel, 1806 no ITIS.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Solea |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Solea |
Bibliografía
editar- Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8.
- Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.