Conrad Quensel

entomólogo sueco

Conrad Quensel, nado o 10 de decembro de 1767 en Ausås, Escania, Suecia, e finado o 2 de agosto de 1806 en Carlbergs, Estocolmo, foi un zoólogo, entomólogo e botánico sueco.

Modelo:BiografíaConrad Quensel
Biografía
Nacemento10 de decembro de 1767 Editar o valor en Wikidata
Ausås parish, Suecia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte2 de agosto de 1806 (39 anos)
Estocolmo, Suecia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSolna cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Lund Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónentomólogo, naturalista, botánico Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaQ116953792 Traducir Editar o valor en Wikidata
PaiJacob Quensel Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Biblioteca dixital BEIC
Dicionário Biográfico Sueco (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Entre 1704 a 1710 foi profesor de matemáticas en Pärnu.

E, entre 1712 e 1732, de astronomía na universidade de Lund.

Así mesmo, foi profesor de historia natural no Museo de Estocolmo.

En 1789 fixo unha viaxe a Laponia para observar o clima pero, obre todo, para recolectar bolboretas da rexión para a colección de Gustav von Paykull (1757-1826).

A partir de 1791 foi axudante de Carl Peter Thunberg (1743-1828), que era o conservador das coleccións de Uppsala.

En 1798 foi nomeado conservador da Acadameia Real de Ciencias de Suecia, na que sucede a Anders Sparrman (1748-1820).

No ano 1800 publicou un catálogo de duascentas especies de peixes das coleccións da Academia.

Comezou a traballar nun gran proxecto de zooloxía pero morreu sen poder rematalo. Desta traballo, Svensk zoologi, só apatreceron dous volumes, un en 1806, ano da súa morte, e o outro, postumamente, en 1823.

Quensel obtivo, grazas ao apoio dos seus amigos, a salvagarda da rica colección do rei Adolfo Federico (1710-1771) e da súa esposa, a raíña Luisa Ulrica de Prusia (1720-1782), que permaneron sen atención despois da morte do soberano. Este conxunto incluía numerosos espécimes que utilizou Carl von Linné (1707-1778) en varias das súas obras, incluíndo o seu famoso Systema Naturae.

Abreviatura

editar

A abreviatura Quensel emprégase para recoñecer a Conrad Quensel como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.