Soiuz MS-20 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 8 de decembro de 2021 mediante o un foguete Soiuz 2-1a desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][5]

Soiuz MS-20
A Soiuz MS-20 achegándose á estación.
TipoTripulada
Data de lanzamento8 de decembro de 2021[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz 2-1a[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5]
Regreso20 de decembro de 2021[1]
NSSDC ID2021-119A

Características editar

Soiuz MS-20, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Alexander Misurkin, Yusaku Maezawa e Yozo Hirano a bordo (a tripulación de respaldo eran Aleksandr Skvortsov e Shun Ogiso), foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. Unha vez en órbita chegou á estación seguindo unha traxectoria rápida de seis horas e acoplándose ao módulo Poisk.[2][3][4][5]

A Soiuz MS-20 levou a bordo aos turistas espaciais Yusaku Maezawa (empresario) e Yozo Hirano (axudante do primeiro) para unha estancia de 12 días na estación. A tripulación fixo un total de nove experimentos na estación antes de volver, o 20 de decembro. A nave aterrou a 148 km ao sueste da cidade de Dzhezkazgan (Casaquistán).[2][3][4][5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ MS-20" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (28 de outubro de 2022). "Soyuz MS 20" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Note verbale dated 21 January 2022 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (22-00925 (E)). 21 de febreiro de 2022: 2. Consultado o 12 de febreiro de 2024. [Ligazón morta]
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-MS 01 - 20 (11F732A48)" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2024. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024). "Soyuz MS-20 delivers tourists to ISS" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar