Soiuz MS-08
Soiuz MS-08 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 21 de marzo de 2018 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][6]
Soiuz MS-08 | |
---|---|
Engalaxe da Soiuz MS-08 | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 21 de marzo de 2018[1][2][3] |
Foguete portador | Soiuz FG[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][5] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][6][5] |
Regreso | 4 de outubro de 2018[1][5] |
NSSDC ID | 2018-026A |
Características
editarSoiuz MS-08, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Oleg Artemiev, Andrew J. Feustel e Ricky Arnold a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. A Soiuz chegou á estación dous días despois do seu lanzamento, acoplándose ao módulo Poisk e coa tripulación uníndose aos membros da Expedición 55, Anton Shkaplerov, Scott D. Tingle e Norishige Kanai. Despois da marcha da Soiuz MS-07 comezou oficialmente a Expedición 56 cos membros da Soiuz MS-08. O 5 de agosto de 2018, Artemiev e Sergei Prokopiev (da Soiuz MS-09) fixeron un paseo espacial desde o módulo Pirs para liberar catro nanosatélites, documentar o estado da estación en video, instalar unha antena para seguimento de animais e estudar a migración das aves e recuperar mostras expostas ao espazo. Foi o paseo espacial número 45 levado a cabo desde o segmento ruso da estación. Ao final da misión, tras 197 días, a Soiuz MS-08 desacoplouse da estación o 4 de outubro de 2018. A cápsula chegou a terra case catro horas máis tarde, a 146 km ao sueste da cidade de Dzhezkazgan (Casaquistán).[2][3][4][6]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ MS-08" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (28 de outubro de 2022). "Soyuz MS-08" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2024.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 4 June 2018 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (18-04785 (E)). 5 de xullo de 2018: 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de xaneiro de 2024. Consultado o 31 de xaneiro de 2024.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-MS 01 - 20 (11F732A48)" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2024.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Mark Wade (2024). "Soyuz MS-08" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2024.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024). "Soyuz MS-08 mission to ISS" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2024.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soiuz MS-08 |