Soiuz MS-07
Soiuz MS-07 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 17 de decembro de 2017 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][6]
Soiuz MS-07 | |
---|---|
A Soiuz MS-07 acoplada ao módulo Rassvet. | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 17 de decembro de 2017[1][2][3] |
Foguete portador | Soiuz FG[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][5] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][6][5] |
Regreso | 3 de xuño de 2018[1][5] |
NSSDC ID | 2017-081A |
Características
editarSoiuz MS-07, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Anton Shkaplerov, Scott D. Tingle e Norishige Kanai a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. A Soiuz chegou á estación dous días despois do seu lanzamento, acoplándose ao módulo Rassvet e coa tripulación uníndose aos membros da Expedición 54, Alexander Misurkin, Mark T. Vande Hei e Joseph Acaba. Despois da marcha da Soiuz MS-06 os integrantes da MS-07 pasar a ser formalmente a Expedición 55. Despois de cinco meses e medio de misión, a Soiuz MS-07 desacoplouse do módulo Rassvet o 3 de xuño de 2018, tocando terra case tres horas e media máis tarde, a 147 km ao sueste da cidade de Dzhezkazgan (Casaquistán).[2][3][4][6]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ MS-07" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (28 de outubro de 2022). "Soyuz MS-07" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2024.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 26 January 2018 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (18-01133 (E)). 28 de febreiro de 2018: 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de xaneiro de 2024. Consultado o 30 de xaneiro de 2024.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-MS 01 - 20 (11F732A48)" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2024.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Mark Wade (2024). "Soyuz MS-07" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2024.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024). "Soyuz MS-07 mission" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2024.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soiuz MS-07 |