Mark T. Vande Hei

astronauta estadounidense

Mark Thomas Vande Hei, nado en Falls Church, Virxinia, o 10 de novembro de 1966, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións Soiuz MS-06, Soiuz MS-18 e Soiuz MS-19 e foi membro das expedicións 53, 54, 65 e 66 á Estación Espacial Internacional.[1][2]

Mark T. Vande Hei
Datos persoais
Nacemento10 de novembro de 1966
LugarFalls Church
Actividade
MisiónsSoiuz MS-06, Soiuz MS-18, Soiuz MS-19 e Estación Espacial Internacional
Tempo no espazo168,22 días
Premioslexión o medito, Defense Meritorious Service Medal, Medalha de Comenda, Medalha do Serviço de Defesa Nacional, Global War on Terrorism Service Medal, Southwest Asia Service Medal e NASA Exceptional Achievement Medal
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Vande Hei graduouse en física pola Universidade Saint John (Collegeville, Minnesota) en 1989 e é máster en física aplicada pola Universidade Stanford en 1999. Foi seleccionado como candidato a astronauta pola NASA en xuño de 2009, completando o seu adestramento en xuño de 2011. Participou nas misións Soiuz MS-06, Soiuz MS-18 e Soiuz MS-19 e foi membro das expedicións 53, 54, 65 e 66 á Estación Espacial Internacional, pasando 168,22 días no espazo.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "Vande Hei, Mark Thomas" (en inglés). Consultado o 19 de marzo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 NASA, ed. (9 de abril de 2021). "Mark T. Vande Hei (Colonel, U.S. Army Retired) NASA Astronaut" (en inglés). Consultado o 19 de marzo de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar